Primavera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A primavera é unha das catro estacións das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Aínda que, ás veces é considerada como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro e novembro no hemisferio sur.
[editar] Curiosidades
Na Arxentina o Día da Primavera celébrase o 21 de setembro (cun ou dous días de anticipación á data astronómica).