Corea do Sur - 한국
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
Lema: Beneficiar a todo o pobo | ||||
Lingua oficial | Coreano | |||
Capital | Seul | |||
Presidente | Roh Moo-hyun | |||
Primeiro-ministro | Lee Hae-chan | |||
Área - Total - % auga |
107º 99,274 km² 0.3% |
|||
Populación | 25º
|
|||
Independencia
|
Xapón capitula na Segunda Guerra Mundial - Corea recupera a sua autonomia
|
|||
Moeda | Won | |||
Fuso horario | UTC +9 | |||
Hino nacional | Aegukga | |||
TLD (Internet) | .kr | |||
Código telefónico | 82 |
Corea do Sur oficialmente a Republica de Corea (Coreano: Daehan Minguk (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國)), é un pais asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea . Limita ao norte coa Corea do Norte, ao leste co Mar do Leste(Mar do Xapón), a sur co Estreito de Corea , através do cal fai fronteira co Xapón, e co Mar da China Oriental e a oeste co Mar Amarelo, do outro lado do cal se estende a China. Alén da parte continental e de moitas illas costeiras, inclui tamén as illas de Cheju, no Mar da China Meridional, e de Ullung, no Mar do Leste. Capital: Seul. A flor nacional de Corea do Sur é o hibisco-da-siria.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Politica
O xefe de estado da República de Corea é o presidente, eleito por voto directo popular para un único mandato de cinco anos. Ademais de ser o mais alto representante da república e o comandante-en-xefe das forzas armadas, o presidente tamén ten considerábeis poderes executivos e nomea o primeiro-ministro despois de o aprobar o parlamento, amais de tamén nomear e presidir o Consello de Estado, ou goberno.
O parlamento coreano, unicameral, chamase Asemblea Nacional, ou Gukhoe (국회). Os seus membros serven en mandatos de catro anos. A lexislatura ten actualmente 299 lugares, dos cais 243 elixense por voto rexional e os restantes son distribuidos por votos de representación proporcional. O corpo xudiciario mais elevado é o Supremo Tribunal, cuxos xuices son nomeados polo presidente co consentimento do parlamento.
A 12 de Marzo de 2004, o parlamento sur-coreano votou a destitución de Roh Moo-hyun debido a acusacións de fraude eleitoral e incompetencia. O primeiro-ministro Goh Kun dirixirá o pais ata que o Tribunal Constitucional decida sobre a destituición.
[editar] Subdivisóns
- Ver artigo principal: [[Subdivisións de Corea do Sur]].
Corea do Sur consta dunha Cidade especial (Teukbyeolsi; 특별시; 特別市), 6 Cidades metropolitanas (Gwangyeoksi, singular e plural; 광역시; 廣域市), e 9 Provincias (do, singular e plural; 도; 道).
[editar] Xeografía
Corea forma unha peninsula que se estende ao longo de 1100 km desde a sua xunta co resto de Asia e que é flanqueada polo mar Amarelo a oeste e pelo Mar do Leste (mar do Xapón) a leste e remata no Estreito de Corea e no mar da China Meridional, a sur. A paisaxe da metade sur consta de cadeas montañosas parcialmente cobertas de floresta, a leste, separadas por vales profundos e estreitos, e de planicies costeiras densamente poboadas e cultivadas, a sur a e oeste.
O clima local é relativamente temperado, coa precipitación a ser mais forte no verán, durante unha breve estación chuvosa chamada xangma, e con invernos que poden por veces ser moi frios. A capital e maior cidade de Corea do Sur é Seul, no noroeste do pais. Outras cidades principais són Incheon, situada preto de Seul, Daejeon, localizada no centro do pais, Gwangju, situada no sudoeste e Daegu e Busan, localizadas no sudeste.
[editar] Economía
O crecimento económico de Corea do Sur nos últimos 30 anos foi espetacular. O PIB per capita, que era de só US$ 100 en 1963, chegou a case US$ 9800 en 2002; o PIB actual é 18 veces maior que o de Corea do Norte. A Corea do Sur está entre as dez maiores economias do mundo. O éxito económico do pais debese a un sistema de lazos intimos desenvolvidos entre o goberno e a iniciativa privada, que inclui crédito facilitado, restrición a importacións, subsidios a determinados setores e incentivo ao traballo.
[editar] Demografía
A poboación de Corea é unha das mais homoxéneas, étnica e linguisticamente, do mundo. A única minoría é unha pequena comunidade chinesa, se ben que as persoas cuxos pais són casais mestizos (por exemplo, fillos de soldados americanos ou de homes de negocios europeos) sexan encaradas como unha minoría e frecuentemente discriminadas (por exemplo, polas cativos na escola). Coreanos viveran na Manchuria durante moitos séculos e son hoxe unha minoría na China, e Stalin enviou millares de coreanos de Vladivostok e Khabarovsk, contra a sua vontade, para a Asia Central (na antiga Unión Soviética), mentras que a maioría da populación coreana do Xapón foi levada para o pais como traballadores forzados durante o periodo colonial (entre 1910 e 1945).
A inestabilidade politica, social e económica na Corea do Sur levou moitos sur-coreanos a emigrar para outros paises, en particular aos Estados Unidos de América e ao Canadá. California ten un número moi alto de coreanos e coreano-americanos: ben mais de un millón de persoas.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Vexa tamén
[editar] Links Externos
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia | Corea do Sur