Conífera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coníferas - Pinophyta | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Piñeiro silvestre |
||||||||
Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
Familias | ||||||||
Pinaceae pine family |
As coníferas son as plantas ximnospérmicas da división Coniferophyta (ou Pinophyta), na súa maior parte árbores, mais tamén arbustos escandentes, presentes nas rexións tropicais e temperadas do planeta, onde son a principal compoñente da flora alpina. Son os vexetais capaces de vivir máis tempo. Entre os piñeiros da California, hai exemplares con máis de 4.600 anos. No Hemisferio Norte, as coníferas forman extensos bosques en zonas de clima rigoroso que non poden poboarse por outras árbores.
Exemplos de coníferas son as árbores do xenero Pinus, como os piñeiros da Europa (P. pinaster, P. pinea, P. sylvestris, etc.), os abetos, as sequoias, os cedros, os cipreses, as araucarias (piñeiros-do-paraná en portugués), etc. As sequoias da California considéranse xigantes pola súa altura e robustez, unha vez que chegan a medir máis de 100 m de altura e poden vivir máis de 3.000 anos.
Índice |
[editar] Morfoloxía
As follas da maior parte das coníferas son agullas longas e finas, mais as Cupresaceae e algunhas Podocarpaceae teñen follas en forma de escama. Os estomas encóntranse en liñas ou manchas nas follas e poden fecharse cando o tempo está demasiado seco ou frío. As follas son xeralmente verdes escuras, o que axuda a absorber o máximo de de enerxía do fraco calor solar das altas latitudes ou por baixo das copas dun bosque. Na maior parte dos xéneros, as follas son persistentes, xeralmente conservándose por varios anos antes de caeren.
A súber das sequoias pode atinxir a espesura de 50 cm.
[editar] Reprodución
A maior parte das coníferas son monoicas, mais algunhas son subdioicas ou mesmo dioicas. No entanto, en xeral os órganos masculinos e femininos encóntranse en estruturas separadas, chamadas estróbilos (tamén chamados conos ou piñas, no caso dos piñeiros).
Nas Pinaceae, Araucariaceae, Sciadopityaceae e na maioría das Cupresaceae, os conos son leñosos e, cando madurecen, as escamas xeralmente abren para libertar as sementes, que poden dispersarse polo vento ou por animais. Noutras especies, como os abetos, os conos poden desintegrarse e, aínda noutras, os conos son carnudos e comidos polos animais, que libertan as sementes coas súas feces. Os conos maduros poden permanecer na planta durante longos períodos como, por exemplo, en certas especies de piñeiros que están adaptados a fogos regulares, as sementes poden ficar dentro dos conos fechados até 60-80 anos, sendo libertadas apenas cando un fogo mata a árbore.
O arilo é un cono extremamente modificado de moitas especies das familias Podocarpaceae, Cephalotaxaceae, Taxaceae e dunha especie de Cupresaceae (Xuniperus), que evolucionou no sentido da dispersión das sementes polos animais.
Os conos masculinos teñen estruturas chamadas microsporanxios que producen un pole amarelado, que é xeralmente levado polo vento até os conos femininos. Os grans de póoe das coníferas actuais producen tubos polínicos como a maioría das anxiospermas, onde se dá a meiose para a fertilización do gametófito feminino. O cigoto desenvólvese nun embrión que, en conxunto co seu tegumento, se transforma nunha semente.
Os esporanxios femininos localízanse en órganos de forma cónica, chamados piñas, frecuentemente cubertos por escamas endurecidas (carpelos). As escamas encaixan perfectamente unhas nas outras e só se abren despois da fecundación, para liberar a semente. As piñas son as flores femininas, (por veces poden ser outras estruturas, diferentes de piñas, como gálbulas, entre outras menos comúns).
[editar] Clasificación e filoxenía das ximnospérmicas
Tradicionalmente, a división Pinophyta incluía todas as ximnospermas, mais este agrupamento sería polifilético por incluír plantas distintas como as cicadófitas e o G, que teñen unha filoxenía diferente das coníferas.
A división contén só unha clase, Pinopsida, que xa estivo dividida en dúas ordes, Pinales e Taxales, mais estudos xenéticos recentes mostraron que estes dous grupos son un clade monofilético. No entanto, están descritas outras clases e ordes de coníferas extintas, particularmente das eras Mesozoica e Paleozoica superior.
[editar] Curiosidades
- Os seres vivos máis altos, máis corpulentos e máis vellos que existen na Terra pertencen ás pinófitas. O máis alto é unha sequoia cunha altura de 112,34 m. O máis corpulento é unha outra sequoia que ten un volume de 1486,9 m3. A árbore co maior diámetro do tronco é un ciprés de Montezuma, con 11,42 m de diámetro e a máis vella é un piñeiro con 4.700 anos.
- A pesar de que o número total de especies de coníferas sexa relativamente pequeno, teñen unha inmensa importancia ecolóxica, unha vez que son as plantas dominantes en vastas áreas da terra, principalmente nos bosques boreais, mais tamén en montañas con clima semellante en rexións temperadas ou tropicais.
- Moitas coníferas producen resina para protexer a árbore da infestación por insectos ou fungos. O ámbar é resina fosilizada.
- Moitas especies destas árbores teñen un gran valor económico, principalmente para a produción de madeira.