Dioico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O vocábulo dioico fai referencia á calidade dunha especie de presentar dous sexos diferenciados, é dicir, machos e femias. O termo aplícase especialmente a plantas -e tamén ás flores desas plantas- nas cales os elementos masculinos e femininos son portados por individuos distintos da mesma especie. Esta característica adoita aparecer en individuos primitivos como o Gingko Gingko biloba e a Cyca Cyca revoluta. Son o 4 por cento das dicotiledóneas e o 3 por cento das monocotiledóneas.