Aragón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
ISO 3166-2 | AR | ||
Capital | Zaragoza | ||
Linguas oficiais | Castelán (o aragonés y o catalán tamén se falan pero non son oficiales) | ||
Área
- total |
Número4
47.719 Km² |
||
Poboación
- Total (2005) |
Posto núm. 11
1.269.027 |
||
Xentilicio | Aragonés, -a; | ||
Himno | Himno de Aragón | ||
Presidente | Marcelino Iglesias Ricou (PSOE) | ||
Estatuto de Autonomía | 16 de agosto de 1982 | ||
Representación parlamentaria |
|
||
Goberno de Aragón |
Aragón é unha Comunidade Autónoma instituída na rexión histórica ubicada no norte de España e do mesmo nome. Linda coas comunidades autónomas de Navarra(ó NO), A Rioxa e Castela e León (ó O), Castela-A Mancha (ó SO), Cataluña (ó E), e a Comunidade Valenciana (ó S). Limita ó norte con Francia a través do Pirinieos.
O Reino de Aragón foi, xunto co de Castela e Navarra, un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza.
Dende o 2 de agosto de 1999, Marcelino Iglesias Ricou é o Presidente de Aragón.
Índice |
[editar] Xeografía
Aragón ten unha superficie de 47.645 km².
Segundo o censo do ano 1991, a comunidade tiña 1.178.000 habitantes, é dicir, un 2,95% da poboación do país e unha densidade de 25,2 habitantes/km²
O xentilicio é aragonés e abrangue tres provincias:
- Provincia de Huesca
- Provincia de Zaragoza
- Provincia de Teruel
[editar] Economía
O PBI de Aragón supón o 3 ou 4% do PBI do total de España. Opel ten unha fábrica de automóbiles en Figueruelas, preto da cidade de Zaragoza, constituíndo a maior entidade económica individual da rexión.
[editar] Idioma
O idioma mais falado en Aragón é o castelán, falado por practicamente a totalidade da poboación. Non obstante, nalgunhas zonas do norde da comunidade séguese a falar o aragonés, que atópase nunha situación de dificil pervivencia polo apartamento do ensino e a protección inexistente da que goza.
[editar] Política
O parlamento de Aragón coñécese co nome de Cortes de Aragón.
[editar] Cultura
No mapa á dereita observamos as tres linguas faladas na comunidade de Aragón: o aragonés (ao norte), o castelán e o catalán (ao leste).
A xota é o baile típico de Aragón.
Algúns aragoneses destacados en diferentes campos artísticos son:
- Cine: Luis Buñuel, Carlos Saura, Segundo de Chomón
- Pintura: Francisco de Goya, Antonio Saura
- Escultura: Angel Gargallo, Pablo Serrano
- Música: Miguel Fleta, Héroes del silencio, Enrique Bunbury, Amaral
- Literatura: Javier Tomeo, Ramón Sender, Soledad Puértolas
- Ciencia: Santiago Ramón y Cajal, Miguel Catalán
[editar] Gastronomía
Son sonados os xamóns de Teruel e Melocotón.
[editar] Ligazóns externas
- Goberno de Aragón (Require Javascript)
- Las Cortes de Aragón
- Portal rexional (Turismo, lecer, foros, noticias)
- Outro portal rexional
- El Periodico de Aragón
- Heraldo de Aragón
- Portal sobre Aragón