Luanda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luanda (antigamente Loanda) é a capital e a máis grande cidade de Angola. Situada sobre a costa atlántica, Luanda é o principal porto do país. No 1995, a poboación, incluindo os suburbios, estaba estimada en 3 millóns de habitantes. Luanda é igualmente a capital da provincia do mesmo nome.
[editar] Demografia
Os habitantes de Luanda son principalmente de orixe etnica africana, coma as tribos Ovimbundu, Kimbundu ou Bakongo. A lingua oficial, que é igualmente a máis falada, é o portugués, ainda que varias linguas relacionadas co bantú sexan tamén usadas. Existe unha pequena minoria de habitantes de orixe europea.
[editar] Historia
A cidade foi fundada en 1575 polos portugueses baixo o nome de São Paulo de Luanda e foi o centro administrativo da colonia de Angola despois do 1627 (salvo do 1640 ao 1648). Despois dos anos 1550 ata cara a 1850, Luanda foi un centro importante do trafego de escravos cara ao Brasil.
Despois da independencia do país no 1975, a maior parte da poboación portuguesa da cidade partiu e foi remplazada por numerosos cubáns, principalmente soldados.