MPLA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Movemento Popular de Liberación de Angola tamén coñecido como MPLA é o partido político que goberna Angola dende a súa independencia ó 1975.
Foi fundado en 1956 despois da fusión do Partido da Luta Unida dos Africanos de Angola (PLUA) co Partido Comunista Angolano (PCA). Outros partidos fundironse despois, como o Movemento para a Independencia Nacional de Angola (MINA) e a Frente Democrática de Liberación de Angola (FDLA).
En 1975 tres partidos reivindicavan a independencia de Angola, o MPLA, a UNITA (Unión Nacional para a Independencia Total de Angola) e a Frente Nacional para a Liberación de Angola (FNLA). Destes, o MPLA tiña orientación marxista.