Alemaña do Leste
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alemaña do Leste era o termo informal pero universal para referirse á República Democrática Alemana, tamén chamada Alemaña Oriental. Este estado, que logo formaría parte do Pacto de Varsovia, formouse trala Segunda Guerra Mundial nos territorios ocupados pola Unión Soviética. Pese ó seu nome, tratábase dunha democracia popular, unha dictadura de partido único onde o pobo non elixía ós seus representantes por medio de eleccións libres.
Trala II Guerra Mundial, recibiu máis de 14 millóns de habitantes polas políticas de limpeza étnica de Stalin nos territorios de Europa Oriental onde houbese poboación de etnia xermana, especialmente procedente das rexións de Alemaña que foron anexionadas por Polonia (Silesia, Pomerania, Poznania, Prusia Occidental) e a Unión Soviética (Prusia Oriental). Non embargantes, este enorme éxodo non contribuiu a aumenta-la poboación, xa que foi seguido por outro meirande ata as zonas de Alemaña Occidental, ocupadas polos aliados, ata que se bloquearon as fronteiras entre as dúas novas repúblicas e ergueuse o muro de Berlín, que non caería ata 1989, deixando paso ó proceso de reunificación de Alemania que remataría en 1991.
Alemaña Oriental estaba formada polos actuais estados de Mecklenburgo - Pomerania Occidental, Saxonia - Anhalt, Saxonia, Turinxia e Brandenburgo, e por Berlín oriental.