Vilaescura, Sober
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vilaescura parroquia do concello de Sober na provincia de Lugo. Comprende as entidades de Baz, Condes, Moreda, Penademiro e Vilaescura. Bañada polo río Cabe que entra no concello por Canaval, e que percorre ademais destas dúas parroquias, as de Rosende e Santo Estevo de Anllo, onde desemboca. Situada ao noroeste do concello, está delimitada ao norte por Espesantes e Canaval, ao sur por Rosende, ao leste por Millán e ao oeste por Rosende e Santiago de Cangas. A altitude máxima é de 363 m.
Comunícase por unha estrada local e polo ferrocarril Monforte-Vigo, coa estación na propia parroquia de Canaval.
En 1998 contaba con 134 habitantes, cunha densidade media de 41,3 habitantes por km². Mentres que en 1970 contaba con 206 habitantes distribuídos do siguiente xeito: Baz (79), Condes (9), Moreda (73), Penademiro (21) e Vilaescura (24) e en 1900 con 185 habitantes.
En termos eclesiásticos é unha feligresía allea de San Pedro de Canaval, municipio de Sober, arciprestazgo de Amandi, provincia e diócese de Lugo. Pertenceu aos cabaleiros do Temple, e conserva no presbiterio o bo retablo maior de estilo rococó e seguramente de taller monfortino. Mostras da cultura achólense foron atopadas no castro de Vilaescura, ubicado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do Cañón do río Cabe, nunha propiedade privada. Tanto este xacemento como o seu entorno atópanse baixo unha atractiva carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas ao Cabe, unha zona de extraordinaria beleza. Hai que dicir, sen embargo, que boa parte das estructuras pétreas deste castro están desmanteladas.
Celebran a festividade da Virxe dos Remedios a fin de semana que coincide co primeiro domingo de setembro estando estas festas moi enraizadas e contando sempre con diversos actos, contando nos anos 70, coa “Tirada ao Plato” de resoada e merecida fama, sen embargo hoxe desaparecida. O 2 de febreiro honran á Virxe da Candelaria con solemnidade relixiosa, pero recordan os vecinos hai non moitos anos, esta fiesta que moitos coñecen por As Candelas, facíase no campo de Penademiro e había unha gran procesión. Asimesmo, é tradicional a festa relixiosa que celebran o derradeiro domingo de Maio, adicada á Virxe na que os principais protagonistas son os nenos cos seus ramilletes de flores e poesías que adican á Virxe. Desde 1986, un sábado do mes de agosto, época na que, con motivo das vacacións, triplícase o número de habitantes, os veciños e seus convidados reúnense en torno a unha gran churrascada complementada con empanada e onde non puede faltar a tradicional queimada. Entre 1989 e 1994 realizábase tamén en Moreda un festival organizado polos nenos, que aínda que só durou 6 años, recórdase con nostalxia, destacando o último año, no que a recaudación enviouse por iniciativa dos nenos a Ruanda, feito resaltado pola prensa, con gran ilusión de aqueles.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober | |
---|---|
Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María) |