Victoria de los Ángeles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Victoria de los Ángeles (Victòria dels Àngels en catalán, o seu nome real era Victoria Gómez Cima) (Barcelona, 1923 – 2005) foi unha soprano catalá.
De familia humilde, descobre a súa vocación musical moi nova. En 1941 debuta operisticamente no Gran Teatro do Liceo, aínda que o seu debut profesional non será ata 1945 con Les Noces de Figaro. En 1947 gaña un concurso internacional de canto en Xenebra, o que lle serve para darse a coñecer por toda Europa.