Theodore Roosevelt, Jr.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theodore Roosevelt Jr, ou sinxelamente Teddy Roosevelt(1858-1919) foi presidente dos Estados Unidos de 1901 ata 1909.
Naceu en Nova York, 27.10.1858, morreu en Sagamore Hill, Nova York, 6.1.1919). Foi un politico americano que vén dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o XVII século, entrou no partido republicano e converteuse no líder da tendencia imperialista.
Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para tomar a cabeza dun corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Hlders" que se ilustrarían contra os españois durante a guerra de Cuba. Feito un heroe popular, elixíuselle como Gobernador de Nova York (1899-1900) logo Vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao Presidente McKinley, que acababa de ser asasinado. Reelexido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).
Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interveu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.
Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados-Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de haber fomentado unha secesión en Colombia, obtivo da nova República de Panamá a concesión necesaria para construír unha canle interoceánica (1903). Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interveu activamente na política mundial, aportou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e se erixiu como o campión do arbitraxe internacional, o que lle valeu o Premio Nobel da paz (1906).
En desacordo co seu propio partido, presentouse de novo á Presidencia en 1912 pero desta vez xa non foi elixido.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: William McKinley |
Theodore Roosevelt, Jr. (1901-1909) |
Precede a: William Howard Taft |
Partido Republicano (Estados Unidos) |