Sociolingüística
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
<Sociolingüística é o ramo da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.
Aínda que o aspecto social da lingua teña chamado a atención desde cedo, pénsese no lingüista suízo Ferdinand de Saussure no inicio do século XX, foi talvez nos anos 1950 cando comezou a investigarse seriamente.
Pioneiros como Uriel Weinreich, Charles Ferguson e Joshua Fishman chamaron a atención sobre unha serie de fenómenos interesantes, tales como a diglosía e os efectos do contacto lingüístico.
Mais pódese dicir que a figura chave foi William Labov, que, nos anos 1960, realizou unha serie de investigacións sobre a variación lingüística - investigacións que revolucionaron a nosa comprensión de como os falantes utilizan a súa lingua e que acabaron por resolver o paradoxo de Sausure.
Hai tres termos importantes para a sociolinguística que poden ser facilmente confundidos entre si:
Variedade - A variedade é o termo que corresponde, groso modo, ao termo dialecto. Así, por exemplo, as variedades do portugués setentrional son os dialectos do portugués falado no norte de Portugal. A variedade standard é o padrón linguístico dunha comunidade. Sociolinguisticamente, é común atopar a variedade standard perto do centro de decisión e de poder dunha comunidade. Así, en Portugal, a variedade standard é a falada na rexión de Lisboa. Cada variedade linguística ten unha gramática propia igualmente válida. Dentro de cada variedade hai tensións e grupos sociais con trazos propios. Dentro de cada variedade linguística hai variación interna en función dos varios criterios: idade, sexo, escolaridade, etc.
Variante - O termo variante utilízase nos estudos de sociolinguística para designar o iten linguístico que é branco de mudanza. Así, no caso dunha variación fonética, a variante é o alofono. Representa, polo tanto, as formas posíbeis de realización.
Variábel - A variábel é o trazo, forma ou construción linguística cuxa realización presenta variantes observadas polo investigador.
Ás veces establécese unha distinción entre a sociolingüística e a socioloxía da linguaxe, cuxo foco estaría no efecto da linguaxe na sociedade.
A sociolingüística sincrónica céntrase na estrutura sociolingüística e as variacións lingüíísticas que dependen das situacións e actitudes dos falantes, mentres que a sociolingüística histórica ou diacrónica ocúpase do cambio lingüístico, a adquisición e difusión das linguas.
[editar] Referencias
- The Language War, Robin Tolmach Lakoff, University of California Press, Berkeley, California, 2000, hardcover, 322 pages, ISBN 0-520-21666-0
[editar] Véxase tamén
- Lingüística aplicada
- Funcionalismo