Rosso Fiorentino
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rosso Fiorentino (1491-1540) foi un pintor manierista italiano.
Naceu en Florencia, estudou arte no estudo de Andrea del Sarto xunto ó seu contemporáneo, Pontormo. Fuxindo de Roma despois do Saqueo de 1527, Fiorentino foi a Francia onde conseguiu unha posición na corte de Francisco I en 1530 e permaneceu alí ata a súa morte. Xunto con Francesco Primaticcio foi un dos artistas principais a traballar no Chateau Fontainebleau. Alí realizou frescos e estucos nos que a súa arte se volve caprichosa e elegante, como un anticipo do barroco. Unha das súas últimas obras e ó tempo unha das súas obras mestras é A Piedade que se atopa actualmente no museo do Louvre.