Rosa Aguilar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rosa Aguilar Rivero (Córdoba, 1957) é unha política española.
Licenciada en dereito, entrou en política da man do Partido Comunista de España e de Izquierda Unida, concelleira en Córdaba desde 1987 ata 1991. Deputada no Parlamento de Andalucía substituíndo a Julio Anguita (1990-1993), deputada no Congreso dos Deputados (1993-1996). En 1999 accedeu á alcadía de Córdoba grazas a un pacto co PSOE, no ano 2003 revalidou o seu mandato, xa sen precisar pacto ningún.
Crítica con algunhas posturas de IU, como a entrada de Ezker Batua no goberno vasco ou a negativa de IU á Constitución Europea.