Partido Comunista de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse a III internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.
Índice |
[editar] Fundación
O primeiro núcleo orixinario foi o Partido Comunista Español, formado en 1920 pola Federación da Xuventude Socialista, e o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), escindido formalmente do PSOE o 13 de abril de 1921 durante a celebración do III congreso extraordinario do PSOE no que este decidiu non entrar na III Internacional. Estes dous participaron na Conferencia da fusión que se celebrou entre o 7 e o 14 de novembro de 1921 que deu orixe ó Partido Comunista de España. O 15 de marzo de 1922 celebrou o PCE o seu primeiro congreso no que elixiu como secretario xeral a Antonio García Quejido. Durante a Ditadura de Primo de Rivera o partido permaneceu na clandestinidade. Na conferencia de Pamplona, celebrada na clandestinidade en 1930, decidiuse a incorporación de Dolores Ibárruri ó comité central do PCE.
[editar] II República
Coa proclamazón da II República o 14 de abril de 1931, abriuse unha nova etapa na historia de España e do PCE, a pesar de que o día da proclamazón, membros do Partido sairón á rúa para denunciar o que consideraban unha república burguesa.
En marzo de 1932 celebrouse o IV Congreso en Sevilla, co obxectivo de desterrar os métodos sectarios moi arraigados na dirección e pasar á construción da unidade antifascista segundo o descurso de Giorgi Dimitrov no anterior congreso da III Internacional Comunista. Nesta laboura, xogaron un papel prominente os membros do Comité Central elixidos no devandito congreso, entre eles José Díaz, Dolores Ibárruri (A Pasionaria), Vicente Uribe, Manuel Delicado, Antonio Mije e Pedro Checa.
Nas eleccións de 1933, o PCE acadou o seu primero posto no parlamento do estado, sendo elixido deputado Cayetano Bolívar Escribano. En 1934, o PCE xoga un papel prominente na chamada Revolución de Asturias, en outubro dese ano, na que durante 15 días as masas obreiras tomaron o poder nas comarcas asturianas. Para aplacar a dita revolución, o goberno radical-cedista, trouxo tropas de África, dirixidas polo xeneral Francisco Franco, que iniciou a represión contra os sublevados encarcerando a moitos deles e sendo outros moitos executados, o que logo o PCE aproveitaría para facer da esixencia de amnistía un dos pilares do programa do Frente Popular.
Dacordo coa política de unificación das forzas antifascistas, o PCE impulsou e acadou o apoio do PSOE e dos partidos republicáns de esquerda (Izquierda Republicana, ORGA, Partido Galeguista), para formar o Frente Popular que gañou as eleccións do 16 de febreiro de 1936 con 268 escanos frente aos 205 do centro-dereita, dos cales o PCE obtivo 17 deputados. O resto de escanos repartíronse así:
Frente Popular | Escanos 1936 | Escanos obtidos 1933 |
---|---|---|
Izquierda Republicana | 81 | 7 |
Unión Republicana | 36 | 23 |
Esquerra | 29 | 23 |
Partido Socialista | 88 | 58 |
Partido Comunista | 17 | 1 |
Outros partidos de esquerda | 18 | 9 |
Centro-Dereita | Escanos 1936 | Escanos obtidos 1933 |
---|---|---|
Partido Radical | 8 | 80 |
CEDA | 94 | 113 |
Partido Agrario | 13 | 39 |
Partido Liberal Demócrata | 1 | 9 |
LLiga Catalanista | 11 | 23 |
Partido Conservador | 3 | 18 |
Partidos Monárquicos | 24 | 32 |
Outros | 51 | 38 |
A pesar de non acadar un grande número de deputados o PCE gañou moito prestixio durante os últimos meses da república e pasou de 30.000 a 100.000 afiliados en poucos meses.
[editar] Guerra Civil
En xullo do 1936, un golpe de estado de tinte fascista deu comezo, ao fracasar, a guerra civil española, na que o PCE formou parte do goberno do frente popular no momento do golpe, xogou un papel prodominante.
Nun comezo, o PCE manifestouse a favor de armar ao pobo en milicias populares para parar os primeiro embites do golpe, mais logo, unha vez confirmado que o golpe ía fracasar xa que non o bando fascista, chamado tamen bando nacional, non acado o seu obxectivo principal de tomar Madrid, foi un dos principais defensores da necesidade de unificación de todalas milicias antifascistas nun exército republicán organizado.
A súa actuación durante o proceso bélico foi moi controvertido, o partido seguía a liña marxista-leninista da III Internacional (chamados stalinistas) e a consigna era "o primeiro gañar a guerra", o que o enfrentou directamente con grupos partidarios da revolución social e da colectivización no medio do proceso bélico como poden ser os trotskistas do POUM, dirixidos por Andreu Nin e aos anarquistas da FAI-CNT
Moitas fontes consideran ao PCE o líder da defensa republicana contra o fascismo, o PCE foi esencial na organización das Brigadas Internacionais, brigadas voluntarias organizadas pola Komintern ou III Internacional, tamén foi relevante na axuda otorgada pola Unión Soviética.
O PCE foi o impulsor e fundador do 5º Reximento de milicias populares, unhas das unidades mais emblématicas do exército republicán e futuro xérmolo tanto da resistencia interior como da exterior e da loita contra os nazis na Francia
[editar] Clandestinidade e exilio
O PCE foi un partido ilegal na zona franquista desde o comezo da guerra civil e en toda España tras a derrota da república, e así permaneceu ata o 9 de abril de 1977 cando foi legalizado polo goberno de Adolfo Suárez. En España mantivo unha estrutura clandestina mentres o PCE mantiña a súa estrutura no exilio contando co apoio da URSS e dos países do bloque oriental. En 1960 celebrouse o VI Congreso en Praga con representantes do interior que foron detidos ó regresa a España, nesa época calcúlase en 25.000 os militantes do PCE sumando os do exilio como e os do interior, nese congreso elixiuse a Santiago Carrillo como secretario xeral mentres Dolores Ibárruri pasaba a ocupar a presidencia, Carrillo converteuse nun dos máximos impulsores do eurocomunismo nos anos setenta.
[editar] Legalidade
Logo da legalización do PCE, Dolores Ibárruri regresou a España e nas primeiras eleccións democráticas o PCE conseguiu 20 escanos, no IX Congreso (1979) definiuse como partido marxista revolucionario e en 1979 conseguiu 23 escanos. Nas eleccións de 1982 sofreu un desastre electoral perdendo un millón de votos e quedando con 19 escanos, o que provocou a dimisión de Santiago Carrillo e a elección de Gerardo Iglesias como secretario xeral. En 1986 o PCE foi o impulsor da formación de Izquierda Unida, coalición de esquerdas na que se integrou o PCE que elixiu como secretario xeral a Julio Anguita en 1987. Desde 1998 o secretario xeral do PCE é Francisco Frutos, politicamente enfrontado ó coordenador xeral de IU Gaspar Llamazares.
Partido do Socialismo Democrático | Partido Comunista de Austria | Izquierda Unida | Partido Comunista de España | Esquerra Unida i Alternativa | Partido Laborista Socialdemócrata Estonio | Partido Comunista Francés | Coalición de Esquerda, de Movementos e Ecoloxía | Partido Laborista (Hungría) | Partido da Refundación Comunista | Partido do Socialismo Democrático (República Checa) | Partido da Alianza Socialista | Refundación Comunista (San Marino) |