Reducionismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Reducionismo, en filosofía, é o nome dado a teorías correlatas que afirman, groso modo, que obxectos, fenómenos, teorías e significados complexos poden ser sempre reducidos, a fin de explicalos, ás súas partes constituintes máis simples.
- Reducionismo ontolóxico é a idea de que todo que existe faise dun pequeno número de substancias básicas que se comportan de forma regular. Comparar con monismo.
- Reducionismo metodolóxico é a idea de que as explicacións, como as científicas, deben ser continuamente reducidas ás entidades máis simples posíbeis. A navalla de Occan é a base deste tipo de reducionismo.
- Reducionismo teórico é a idea de que explicacións ou teorías antigas non son xeralmente substituídas por novas, e si as novas teorías son refinamentos ou reducións máis detalladas das antigas.
- Reducionismo científico: ten sido usado para describir todas as ideas enriba no que se refire á ciencia, mais é máis frecuentemente usado para describir a idea de que todos os fenómenos poden ser reducidos a explicacións científicas.
- Reducionismo lingüístico é a idea de que todo pode ser descrito nunha linguaxe cun múmero limitado de conceptos básicos, e a combinación destes. Son exemplos deste reducionismo o inglés básico e a linguaxe construída Toki Pona.
- O termo reducionismo ambicioso cuñouse por Daniel Dennett para criticar as formas de reducionismo que tentan explicar moito con moito pouco.
- Reducionismo analítico denomina os a priori que subxacen no reducionismo ontolóxico.
O oposto das ideas do reducionismo constitúe o holismo: a idea de que obxectos, fenómenos, teorías e significados teñen propiedades como un todo, que non son explicábeis a partir das propiedades das súas partes.
[editar] Vexa tamén
- René Descartes
- Pensamento sistémico
- Filosofía da ciencia
- Holismo
- Complexidade