Velocidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Variación na posición dun corpo por unidade de tempo. A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade, coñecida tamén como rapidez ou celeridade, sóese expresar como distancia recorrida por unidade de tempo (normalmente, unha hora ou un segundo); exprésase, por exemplo, en kilómetros por hora ou metros por segundo. Cando a velocidade é uniforme —constante— pódese determinar sinxelamente dividindo a distancia recorrida entre o tempo empregado. Cando un obxecto está acelerado, o seu vector velocidade varía ó longo do tempo. A aceleración pode consistir nun cambio de dirección do vector velocidade, un cambio na magnitude ou ambas cousas.