Plácido Domingo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Plácido Domingo (21 de xaneiro de 1941 en Madrid) é un tenor español. Debutou en 1961 en Monterrey en México (como Alfredo en La Traviata de Verdi).
Nado en España moveuse a México ós 8 anos coa súa familia, que dirixía unha compañía de zarzuela. En Cidade de México estudou música no Conservatorio Nacional. Foi o cantante reserva de Los Black Jeans en 1958, unha banda de rock formada en 1958 por César Costa. Aprendeu o piano e a dirixir orquestra, pero fixo o seu debut como tenor de ópera. En 1962 uniuse á Ópera Nacional Israelí en Tel Aviv, onde pasou 2 anos e medio, realizando 280 funcións.
Realizou numerosas actuacións nos Estados Unidos sobre todo en Nova York e San Francisco, aínda que tampouco deixou de facer xiras en cidades de Europa, durante os anos 1960, realizando numerosos papeis musicais e o seu repertorio, está composto dunha ampla gama de directores entre eles von Karajan, Zubin Metha, James Levine, entre outros, e compositores de música clásica moi coñecidos. Como director de Ópera iniciou as súas actividades en 1973.
Gravou dúos con diversos cantantes como John Denver, José María Cano, Alejandro Fernández, Carlos Santana, Luis Cobos, Caetano Veloso, Patricia Kaas, etc. e con José Carreras e Luciano Pavarotti formou en 1990, a célebre sociedade artística dos Tres Tenores.