Carlos Santana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Augusto Alves Santana, máis coñecido como Carlos Santana é un guitarrista de rock e Jazz-Rock nado en 20 de xullo de 1947 na cidade de Autlán de Navarro, estado de Jalisco, México.
[editar] Biografía
O seu pai era violinista nunha banda de mariachi, e o mozo Carlos aprendeu a tocar o violín, pero mudou para a guitarra cando tiña 8 anos. En 1955 a súa familia mudouse para Tijuana, e Santana empezou a tocar en clubes e bares da zona turística. Ficou en Tijuana cando a súa familia mudou novamente de localidade, desta vez para San Francisco, California, pero despois seguiunos. En 1966 axudou a fundar a Santana Blues Band, que despois cambiou para Santana. A banda empezou a tocar en The Fillmore West, onde moitas das bandas lendarias de San Francisco tocaron. A súa estrea en gravación ocurreu con The Live Adventures of Mike Bloomfield and Al Kooper, con Al Kooper e Mike Bloomfield.
Despois de asinar coa Columbia Records, Santana lanzou un álbum chamado Santana. O grupo tiña a Carlos Santana na guitarra, Gregg Rolie (piano e voz), David Brown (baixo), Michael Shrieve (batería), Jose Areas (percusión) e Michael Carabello (percusión). Para promover o álbum, a banda Santana tocou en Woodstock. A presentación en Woodstock foi notábel e aumentou moito a súa popularidade. Santana tivo un grande éxito, así como Abraxas (1970) e Santana III (1971). A banda orixinal disolveuse. Rolie chegaría a ser un membro fundador de Journey.
Carlos Santana usou o nome Santana e unha serie músicos diferentes para continuar as súas presentacións nos Estados Unidos, lanzando varios discos. Durante este período, Carlos adoptou o nome "Devadip", conferido polo líder espiritual Sri Chinmoy. Lanzou ao mercado moitos traballos nas décadas de 70 e 80, incluindo colaboracións con Willie Nelson, Herbie Hancock, Booker T. Jones, Wayne Shorter, Ron Carter e The Fabulous Thunderbirds. En 1991, Santana apareceu no álbum de Ottmar Liebert Solo Para Ti, nas cancións "Reaching out 2 U" e nunha regravación da súa propia canción "Samba Pa Ti". Foi instalado no Rock and Roll Hall of Fame en 1998.
En 1992 cancelou o seu contrato coa Columbia e despois gravou con Polygram e Arista Records.
Santana surxiu novamente en 1999 co lanzamento de Supernatural, que incluiu colaboracións con Rob Thomas, Eric Clapton e Lauryn Hill. Supernatural foi o álbum de Santana de maior venda, alcanzando o número 1 na lista Billboard e mantendo esa posición por 12 meses, e gañando nove Premios Grammy.
A súa música integra elementos percusivos africanos, melódicos latinos e estruturais do rock anglosaxón e creou unha música nova.
[editar] Discografía
- Live at the Fillmore '68 (lanzado en 1997)
- Santana (1969)
- Abraxas (1970)
- 3 (1971)
- Caravanserai (1972)
- Carlos Santana & Buddy Miles Live! (1972; C.S. con Buddy Miles)
- Love Devotion Surrender (1973; C.S. con John McLaughlin)
- Welcome (1973)
- Lotus (1973)
- Illuminations (1974; C.S. con Alice Coltrane)
- Santana's Greatest Hits (1974)
- Borboletta (1974)
- Amigos (1976)
- Festival (1976)
- Moonflower (1977)
- Inner Secrets (1978)
- Oneness: Silver Dreams, Golden Reality (1979; C.S.)
- Marathon (1979)
- Zebop! (1979)
- The Swing of Delight (1980; C.S.)
- Shango (1982)
- Havana Moon (1983; C.S.)
- Beyond Appearance (1985)
- Viva Santana! — The Very Best of Santana (1986)
- Freedom (1987)
- Blues for Salvador (1987; C.S.)
- The Very Best of Santana vols 1 & 2 (1988)
- Persuasion (1989)
- Latin Tropical (1990)
- Spirits Dancing in the Flesh (1990)
- Milagro (1992)
- Nineteen Eight-Six (1993)
- Sacred Fire: Live in South America (1993)
- Soul Sacrifice (1994)
- Santana Brothers (1994; C.S. con Jorge Santana & Carlos Hernandez)
- As Years Go By (1994)
- Santana Jam (1994)
- Every Day I Have the Blues (1994)
- With a Little help from My Friends (1994)
- Jin-Go-La-Ba (1995)
- Dance of the Rainbow Serpent (1995)
- Evil Ways (1997)
- Jingo (1997)
- Between Good and Evil (1998)
- Awakening (1998)
- Supernatural (1999)
- Jingo Maniac (2000; C.S.)
- Mother Earth 2000 (2001)
- Nuclei/2 (2001)
- Shaman (2002)
- Ceremony: Remixes & Rarities (2003)
- Jammin' Home (2004)
- All That I Am (2005)