Muiñeira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A muiñeira é unha danza e un xénero músical tipicamente galegos.
Báilase cuns traxes tradicionais, ben poden ser de traballo ou de festa. Báilase cos brazos levantados e o seu principal paso chámase paseo.
[editar] Xénero musical
A muiñeira é o xénero musical máis común do folclore galego. Ten unha orixe antiga, mais descoñecida, xa que a composición máis antiga rexistrada é unha panxoliña de Nadal de 1786, obra de Melchor López, mestre de capela da Catedral de Santiago de Compostela. O seu compás característico é o de 6/8.
A muiñeira vella, tamén chamada pandeiretada, era sempre cantada e acompañábase da pandeireta.
A muiñeira nova ten a súa orixe na música culta, ten carácter instrumental e normalmente execútase precedida dun preludio.
A muiñeira pode constar de dúas ou máis partes. As antigas teñen, normalmente, dúas e as máis novas ou de autor máis.
Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.
[editar] Variantes da muiñeira
- A ribeirana
- O golpe
- A carballesa
- A redonda
- O contrapaso