Panxoliña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal.
As panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente na igrexa.
Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou nengún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.