Mili Balakirev
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mili Alexeyevich Balakirev (Милий Алексеевич Бала́кирев) (Nizhny Novgorod 1837 – San Petersburgo 1910) foi un compositor ruso.
Naceu no seo dunha familia humilde, traballou na adolescencia para Oulibichev, autor dunha biografía de Mozart, e quen lle confía a dirección da súa banda. Logo de facer un curso universitario de matemáticas, marchou a San Petersburgo cheo de ardor patriótico, en 1855 coñece a Mikhail Glinka, precursor da música rusa, cofundador da Escola Libre de Música (1862) e do grupo coñecido como o dos cinco (Могучая Кучка), formado por compositores autodidactas como el: César Cui, Alexander Borodin, Modest Mussorgsky e Nikolai Rimsky-Korsakov, Balakirev é a alma do grupo e quen supervisa e corrixe os traballo dos seus amigos.
A partir de 1862 percorre o Cáucaso e Crimea e recompila numerosas páxinas de música tradicional.
É autor de dúas sinfonías, dous poemas sinfónicos (Rusia e Tamara), catro oberturas e numerosas piezas de piano, entre as que destaca Islamey: unha fantasía oriental