Marcha do Antigo Reino de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Marcha do Antigo Reino de Galiza é unha marcha procesional recoñecida oficialmente como himno instrumental de Galicia, A súa autoría pérdese na tradición popular. Foi executada correntemente polos gaiteiros das confrarías procesionais ao longo dos séculos. Tense denominado tamén Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia ou Marcha dos Peregrinos, xa que soaba con frecuencia á chegada das xentes vidas de toda Europa cerca do Apóstolo en Compostela.
A Marcha do Antigo Reino é solemne e lenta e con algunhas fases de muiñeira. Interprétase con gaitas en tres tonalidades e percusión.