Manuel Suárez-Pumariega Molezún
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Suárez-Pumariega Molezún (Manuel Molezún), naceu en 1920 na Coruña e morreu o 31 de xaneiro de 2001.
[editar] Atleta
Representou a España nos Xogos Olímpicos de Londres en 1948 correndo os 110 m. valados, converténdose así no primeiro atleta coruñés en participar nunhas olimpíadas. Chegou a estar en posesión da mellor marca absoluta de 110 metros valados, aínda que tamén se exercitou, chegado a ser campión de España, nas especialidades de salto de altura e de lonxitude.
[editar] Pintor
Profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, foi considerado un dos máximos representantes da pintura de abstracción xeométrica e un dos artistas galegos contemporáneos de máis sólida reputación internacional. Na súa última etapa a súa obra evolucionou cara a unha tímida figuración vinculada ós epígonos do cubismo. A súa obra está presente na colección da Fundación Unión Fenosa, no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo de Arte Abstracta de Cuenca, e no Centro de Arte Raíña Sofía de Madrid.