Pintura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]()
Impresionismo: Claude Monet.
|
![]()
Le Déjeuner des canotiers de Pierre Auguste Renoir.
|
A pintura reférese xenericamente á técnica de aplicar pigmento en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas.
Nun sentido mais específico, é a Arte de pintar unha superficie, tal como papel, tea, ou unha parede (pintura mural ou de frescos). A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.
Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.
A pintura está considerada unha das belas artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina.
Unha pintura é tamén unha táboa, lámina ou lenzo no que se pintou algo. Isto é, unha obra pintada. En referencia á obra pictórica en si: "Unha pintura (cadro) de Picasso".
Tamén denominamos pintura o material de cor preparado para pintar.
[editar] Historia
{{Ver artigo principal Historia da pintura}}
[editar] Técnica
[editar] Véxase tamén:
- Arte
- Relación de pintores.
- Historia da pintura
- Técnicas de pintura.
- Belas artes
- Obras pictóricas