Louis Braille
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Louis Braille naceu en Coupvray, París, o 4 de xaneiro de 1809 e morreu o 6 de xaneiro de 1852 na mesma cidade. Foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de lectura para cegos que leva o seu nome.
Naceu en Coupvray, preto de París, (Francia) en 1809. Á idade de 3 anos perdeu a vista. Infectouselle o ollo esquerdo nun accidente no taller do seu pai, Simon-René Braille. A infección rematou por dañarlle o ollo dereito tamén, provocándolle unha ceguera irreversible.
En 1829 inventou o sistema de escritura que leva o seu nome.
As letras representanse con grupos de 6 puntos, aliñados en 2 columnas de 3 puntos. Cada letra representase por unha combinación única dalguns destes puntos en relieve.
Faleceu en París debido á tuberculose o 6 de xaneiro de 1852.