Juan Barcia Caballero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juan Barcia Caballero (Santiago de Compostela, 1852 - 1926) foi un médico e escritor galego.
Estudou medicina en Santiago e Madrid e foi catedrático nas universidades de Granada e Santiago e director do Hospital de San Roque e do Manicomio de Conxo en Santiago, de ideoloxía rexionalista participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega.
[editar] Obra
- La cuestión palpitante. Cartas amistosas a la Sra. Dª Emilia Pardo Bazán, 1881
- Mesa revuelta. Ensayos literarios, 1883 (bilingüe galego-castelán)
- Rimas, 1891 (poesía, en galego)
- Dos almas, 1907 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui)
- El señor Nin, 1922 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui