Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Israel - ישראל - Wikipedia

Israel - ישראל

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Estado de Israel (Hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il, e chamado pola maioría dos seus habitantes Haaretz, que en hebreo significa 'A terra') é un país no Oriente Medio (este de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na ribeira oriental do Mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria, formalmente a única democracia do seu contorno, e por política nacional, un "Estado Xudeu." A poboación israelita (uns 6,5 millóns de habitantes) é predominantemente xudía (uns cinco millóns) cunha gran porcentaxe non xudeo, comprendendo xentes de orixe árabe, musulmá, cristiá, e drusa. As súas fronteiras, segundo as agullas do reloxo e de norte a sur, compárteas con Líbano, Siria, Xordania e Exipto. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do Mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co Mar Morto (mar interior).

מדינת ישראל
دولة اسرائيل
Medinat Yisrael
Bandeira Escudo
Bandeira de Israel
Lema nacional : Ningún
image:LocationIsrael.png
Linguas oficiais Hebreo e árabe
Outros idiomas non oficiais Español, yídish, inglés, ruso, francés, alemán, ladino
Capital Xerusalén f. 3.000 a. de C.
Presidente Moshe Katsav
Primeiro Ministro Ehud Olmert
Superficie
 - Total
 - % auga
Lugar nº 149
20.770 km²
2%
Poboación
 - Total (2003)
 - Densidade
Lugar nº 99
6.700.000
286/km²
Independencia
 - Declarada
 - Recoñecida
De Turquía e o Reino Unido
1918
14 de maio de 1948
Moeda Novo Sheqel, divídese en 100 agorots
Fuso horario UTC +2/+3
Xentilicio Israelí
Himno nacional Hatikvah (esperanza)
Dominio Internet .IL
Código telefónico 972
Membro de: ONU

Índice

[editar] Historia

  • Vexa o artigo principal Historia de Israel

Se ben hai datos arqueolóxicos e referencias históricas da existencia dun reino de Israel dende o século XV a. de C., o estado moderno resulta da descolonización de Palestina tras a II Guerra Mundial para acoller aos xudeus, que no marco das correntes nacionalistas europeas, reclamaban o retorno á que consideraban a súa patria orixinal (ver sionismo). A fundación en 1948 do Estado de Israel supuxo a chegada masiva de inmigrantes xudeus dende Europa, América e todo o Oriente Medio. Tamén o inicio das hostilidades dos países árabes veciños. De feito, a primeira guerra árabe-israelí, comezou o mesmo día de aprobarse na ONU a partición de Palestina no estado de Israel e nun estado árabe de Palestina (este último país non está recoñecido de xeito independente, senón que é unha autonomía dentro de Israel, en espera do cesamento das actividades terroristas).

Na súa breve historia moderna leva desenvolto sucesivas guerras contra os seus veciños árabes, con diversas tomas de territorio e é acusado de discriminación polo pobo palestino; por outra parte o estado de Israel xustifica ás súas accións militares como medio de defensa contra o terrorismo árabe. No ano 2003 comezou a construír un muro nos territorios conquistados para protexerse do terrorismo. Esta decisión levantou moita polémica no mundo occidental, de feito, uns chámano 'muro da vergoña' e outros 'valado de seguridade'.

[editar] Xeografía

A súa capital é Xerusalén (parte dela, territorio ocupado). Xa que esta cidade é reclamada pola Autonomía Palestina como capital de Palestina, a sé do goberno instalouse en Tel Aviv, cidade de planta moderna situada na costa.

Ocupa un territorio alongado de norte a sur na beira do Mediterráneo. De norte a sur son 470 km. Ten unha superficie entre 20.000 e 27.000 quilómetros cadrados segundo as fontes consultadas. A metade sur do país está formada polo deserto do Neguev, onde enxeñeiros agrícolas investigan novas formas de regadío e de contención da desertización.

Capítulo aparte merece o uso da auga. Israel ten contadas fontes de obtención do líquido elemento: o río Xordán, o lago Kineret e poucos ríos pequenos. En 1964 finalizou a construcción do Acueduto Nacional, que transporta auga dende o norte fértil ata o semi-árido sur. Este acueduto é fundamental para o desenvolvemento económico israelí e obxectivo dos grupos fundamentalistas.

[editar] Política

Israel carece dunha Constitución, rixen leis que se van incorporando á lexislación dende a independenza.

Sistema executivo. Presidente -elixido cada cinco anos pola Asamblea-, primeiro ministro -xefe de goberno- e gabinete.

Sistema lexislativo. Asamblea (Knesset), composta por 120 membros elixidos cada catro anos por sufraxio universal.

Sistema xudicial. Tribunal Supremo, tribunais superiores e ordinarios. Asemade hai tribunais relixiosos e militares.

[editar] Principais partidos políticos

Likud (f.1973), Partido Laborista (f.1968), Meretz, Tzomet, Shas, Partido Relixioso Nacional, Xudaísmo Unido da Torah, Partido Democrático Árabe, Moledet, Hadash, e outros.

[editar] Demografía

Dacordo coa Oficina Central Israelí de Estatísticas ,Israel tiña en maio do 2006 , 7 millóns de habitantes dos que o 77% eran Xudeos , o 18.5% Árabes e o 4.3% restante definíanse como ¨outros¨ . Entre os Xudeos , o 68% eran Sabras (nados en Israel), a maioría deles de segunda e terceira xeración , e o resto Olim : 22% de Europa e as américas , e o 10% de Asia e África, incluindo os países Árabes.

Israel ten dúas linguas oficiais: Hebreo and Árabe. O Hebreo é a lingua principal do estado e é falada pola maioría da poboación .O Árabe é falado pola minoría Árabe e por algúns membros da comunidade xudía Mizrahi . O Inglés é estudado na escola e é falado pola maioría da poboación como segunda lingua. Outras lingua faladas en Israel son o Ruso ,o Yiddish ,o Ladino ,o Rumano ,o Polaco ,o Francés ,o Italiano ,o Holandés ,o Alemán , o Amharic e o Persa . Os programas populares das televisións europeas e americanas adoitan ser retransmitidas no país , tamén se poden atopar xornais escritos nas linguas anteriores.

No 2004, 224,200 cidadáns Israelís vivían na Cisxordania en numerosos asentamentos Israelís, (incluindo vilas como Ma´ale Adummin e Ariel , algunhas comunidades que xa existían antes da guerra Arabé-Israelí de 1948 e outras que foron reestablecidos despois da guerra dos Seis Días como Hebron e Gush Etzion). Ó redor de 180,000 Israelís vivían no leste de Xerusalén, e uns 8,500 vivían en asentamentos construídos na Franxa de Gaza , antes de que foran desaloxados no verán do 2005 no plan de desaloxo do governo israelí.

[editar] Economía

A pesar de que os fundadores do moderno estado de Israel procuraran establecer unha utopía de corte socialista no novo país, a realidade foi ben distinta, mantendose a economía cooperativa só nos kibbutz (colonias agrarias autosuficientes). Hoxe en día Israel ten unha economía baseada na liberdade de mercado aínda que con forte inxerencia do goberno.

Importa principalmente, petróleo, materiais industriais e equipamento militar. A pesar da escasez de recursos naturais, Israel mellorou considerablemente nos últimos tempos os seus sectores primarios.

Os principais produtos de exportación son: xoiería transformada, equipamento de alta tecnoloxía e produtos alimenticios.

A metade da débeda exterior israelí é mercada polos Estados Unidos, que é a principal fonte de axuda militar e económica. A economía medrou no 2003 un 1%, no 2004 co aumento da seguridade e maior confianza dos mercados internacionais, a economía medrou un 2,7%.

[editar] Límites

Ó norte, co Líbano; ó leste, (de norte a sur) con Siria e Xordania. O sur, con Exipto. Ó Oeste, co Mar Mediterráneo. En un pequeno contacto no extremo sur co Golfo de Aqaba, no Mar Vermello.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

[editar] Ver

Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto

THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: