Homo habilis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Homo habilis | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
|
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía no directorio Wikispecies dos seres vivos |
Homo habilis é unha especie do xénero Homo, que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1'5 millóns de anos, no comezo do Pleistoceno. Descubriuno Louis Leakey en 1964 na Garganta de Odulvai, en Tanzania e o nome suxeriuno Raymond Dart.
Aparentemente, foi a primeira especie do xénero Homo en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1'3 m) e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co Homo sapiens e o seu cerebro era a metade do do homo actual, entre 600 e 700 c.c.. Pénsase que descendía dunha das especies de Austrolopithecus,
O Homo habilis compartiu a terra con outros bípedes, como o Paranthropus boisei. Malia iso, o H. habilis, coas súas anovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito en dar lugar a novas especies, mentres os Paranthropus desapareceron.
A grande innovación do Homo habilis foi a utilización de ferramentas de pedra lascada, o que lle deu primacía sobre os primates. Utilizábannas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de presa, e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a linguaxe articulada.