Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Home de Neanderthal - Wikipedia

Home de Neanderthal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Home de Neandertal
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Homínidos
Xénero: Homo
Nome científico
Homo Neanderthalensis
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Neandertal foi unha especie do xénero Homo (Homo neanderthalensis) que habitou a Europa e partes do oeste da Asia hai entre 230.000 e aproximadamente 29.000 anos (Paleolítico Medio e Paleolítico Inferior, no Pleistoceno).

Os Neandertais estaban adaptados ao frío, como mostran os seus grandes cerebros, o seu curto mais voluminoso e largo nariz. Esas características prímaas a selección natural nos climas fríos, e tamén se observan nas modernas poboacións sub-árticas. Os seus cerebros eran aproximadamente o 10% maiores en volume que os dos humanos modernos. Na media, os Neandertais tiñan preto de 1'65 m de altura e eran moi musculosos.

O seu estilo característico de ferramentas de pedra chámase cultura musteriense.

Índice

[editar] Descuberta

Philippe-Charles Schmerling foi o primeiro en descubrir un fósil de neandertal (un cranio infantil) en 1830 na cova de Engis, preto de Liexa, aínda que non tería repercusión, xa que só moito máis tarde (1936) foi recoñecido como tal. Partes dun esqueleto de neandertal descubríronse en Forbes' Carry, Xibraltar en 1848. Pero a valoración definitiva dende un punto de vista paleoantropolóxico prodúcese logo do achado nunha canteira, preto de Düseldorf, no val de Neander (na grafía alemá da época, Neanderthal, de aí o nome) en agosto de 1856 ( tres anos antes do libro "A Orixe das Especies" de Charles Darwin ser publicado) dos restos fósiles, que incluían o denominado "Neandertal 1", que consistía dunha coroa craniana. Os demais ósos que se atoparon eran dous fémures, os tres ósos do brazo dereito, dous do brazo esquerdo, parte do ilíaco esquerdo e fragmentos dunha omoplata e costelas. Os traballadores que recolleron estes ósos pensaron que pertencían a úrsidos. Os traballadores entregaron o material recollido ao naturalista amador Johann Karl Fuhlrott. Fuhlrott levoulle os fósiles ao anatomista Hermann Schaafhausen e ambos os dous anunciaron a descuberta en 1857.

Esa descuberta considérase agora o inicio da paleoantropoloxía. Esas e outras descubertas no final das contas levaron á idea que eses fósiles eran de europeos ancestrais que desempeñaron unha importante función nas orixes humanas. Desde entón descubríronse restos de máis de 400 Neandertais.

[editar] Nome e Clasificación

O termo "Home de Neandertal" acuñouno en 1863 o anatomista irlandés Willian King.

Por moitos anos, houbo un vigoroso debate científico sobre como os neandertais deberían ser clasificados: Homo neanderthalensis ou Homo sapiens neanderthalensis. O segundo coloca os neandertais como unha subespecie do Homo sapiens, ou sexa, da liñaxe humana. De calquera forma, recentes evidencias de estudos con ADN mitocondrial indica que os neandertais "non pertencen á liñaxe humana".

Xeralmente acéptase que tanto os neandertais como o Homo sapiens evoluíron dun ancestro común, mais a clasificación dos neandertais depende de cando ocorreu esa separación na liña do tempo.

[editar] Características físicas

Reconstrución dunha muller Neanderthal
Agrandado
Reconstrución dunha muller Neanderthal

Comparado cos humanos modernos, os neandertais eran máis baixos, arredor de 1'65 m, pero proporcionalmente máis robustos (arredor de 70 kg os machos, e 55 as femias) e posuían faccións morfolóxicas distintas, especialmente do cranio, que gradualmente acumulou aspectos distintos, particularmente debido ao relativo isolamento xeográfico. A súa complexión varuda puido ser unha adaptación ao clima frío da Europa durante o Pleistoceno.

A continuación incluese unha lista de trazos físicos que distinguen os neandertais dos humanos modernos; de certa forma, nin todos eles poden ser usados para distinguir poboacións de neandetais específicas, de diversas áreas xeográficas ou períodos de evolución, doutros humanos extintos. Tamén, moitos deses trazos maniféstanse ocasionalmente nos modernos humanos, particularmente en determinados grupos étnicos. Nada se coñece sobre a cor da súa pel, dos seus cabelos, e da forma dos ollos, orellas e labios dos neandertais. Por analoxía, debían ter a pel moi branca, para un mellor aproveitamento da calor nas frias latitudes da Europa pleistocénica.

  • Cranio
    • Fosa suprainíaca, un canal sobre a protuberancia occipital externa do cranio
    • Protuberancia occipital
    • Fortes arcos superciliares
    • Parte central da cara proxectada cara fóra
    • Órbitas grandes e arrondeadas
    • Cranio alongado para atrás
    • Capacidade encefálica media de 1465 cm³, aínda que pode pasar de 1700 (levemente maior que a dos humanos modernos)
    • Mandíbula forte e varuda, sen queixo
    • Testa baixa, case ausente
    • Espazo atrás dos molares
    • Abertura nasal ampla
    • Protuberancias óseas nos lados da abertura nasal
    • Forma diferente dos ósos do labirinto no ouvido
  • Post-Cranio
    • Considerabelmente máis musculoso
    • Dedos grandes e robustos
    • Caixa torácica bastante arredondada
    • Forma diferente da pelvis
    • Rótulas grandes
    • Clavícula alongada
    • Omoplatas curtas e arqueadas
    • Ósos da coxa robustos e arqueados
    • Tibias e fíbulas curtas

[editar] Linguaxe

A teoría de que os neandertais carecían dunha linguaxe complexa foi difundido ata 1983, cando un óso hioide de neandertal foi atopado na caverna Kebara en Israel. O óso atopado é practicamente idéntico aos dos humanos modernos. O hioide é un pequeno óso que asegura a raiz da lingua no lugar, un requisito para a fala humana e, desa forma, a súa presenza nos neandertais implica algunha habilidade para a fala.

Moitos acreditan que mesmo sen a evidencia do óso hioideo, é obvio que as ferramentas avanzadas como as do período musteriense, atribuídas aos neandertais, non poderian ser desenvolvidas sen habilidades cognitivas incluíndo algun xeito de linguaxe falada.

A base da lingua do neandertal posicionábase máis alta na gorxa, deixando a boca máis chea. Como resultado, é ben probable que a fala dos neandertais fora lenta, compasada e nasalizada.

[editar] Ferramentas

Os sitios arqueolóxicos dos neandertais do Paleolítico Medio mostran un conxunto de ferramentas menor e menos flexible en comparación aos sitios do Paleolítico Superior, ocupados polos humanos modernos que os substituíron.

Hai pequenas evidencias de que os neandertais usaban cornos, conchas e outros materiais óseos para facer ferramentas: a súa industria ósea era relativamente simple. De calquera forma, hai boas evidencias de que eles rotineiramente construían unha variedade de utensilios de pedra. A ferramenta neandertal (musteriense) constaba de sofisticadas ferramentas de pedra lascada, machados manuais para tarefas específicas, e lanzas. Moitas desas ferramentas eran bastante afiadas.

Mesmo tendo armas, eles non as arrebolaban. Tamén posuían lanzas que consistían en grandes eixos de madeira cunha seta nunha das extremidades firmemente presa; sen embargo, considérase que as lanzas fabricadas para seren lanzadas foron usadas primeiramente polo Homo sapiens.

Aínda que enterraran a maioría dos seus mortos, os funerais dos neandertais eran menos elaborados que os dos anatomicamente modernos humanos.

Os neandertais realizaban un conxunto sofisticado de tarefas normalmente asociados aos humanos soamente. Por exemplo, construían abrigos complexos, controlaban o lume, e sacaban a pel dos animais. Particularmente intrigante é un fémur de oso atopado nunha escavación con catro furatos nunha escala diatónica feitos nel deliberadamente. Esa frauta atopouse na Eslovenia no 1995 próximo a unha fogueira do período musteriense usada polos neandertais, mais o seu significado aínda é controvertido.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com