Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Selección natural - Wikipedia

Selección natural

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Selección natural é o proceso esencial da evolución proposto por Charles Darwin e xeralmente aceptado pola comunidade científica como a mellor explicación para a adaptación e especialización como evidenciado polo rexistro fósil. Outros mecanismos de evolución incluen deriva xenética, fluxo xénico e presión de mutación.

Índice

[editar] Introdución

O conceito básico de selección natural é que as condicións ambientais (isto é, a "natureza") determinan (ou "seleccionan") qué ben unha determinada característica dun organismo axuda na sobrevivencia e reproducción dese organismo; organismos que non posuen esas características poden morrer antes de se reproduciren ou seren menos prolíficos que os organimos que presentan a determinada característica. Á medida que as condicións ambientais non varíen, ou permanezan suficientemente similares, esas características continuan a ser adaptativas e elas tornaránse máis comuns na poboación. A perda do nicho ecolóxico dunha especie ou o exceso de individuos en determinada área criado polo crecimento populacional poden mudar drásticamente as características adaptativas necesarias para a sobrevivencia - nesas condicións, ou en calquer outra en que a sobrevivencia sexa determinada máis polas condicións ecolóxicas do que polas características sexuais secundarias, di- se que está ocorrendo unha selección ecolóxica. Esta expresión é utilizada somente para diferenciar procesos que non dicen respeito ao ato do acasalamento e é de uso recente, tendo se desenvolvido dentro do proprio campo da ecoloxía).

A teoría de Darwin da evolución das especies pola selección natural comeza coa premisa de que unha característica do organismo varía de modo non-determinístico entre pais e fillos, nun proceso que Darwin chamou de "individuación". Esa teoría non fai nengunha alegación particular sobre como se dá ese proceso, aínda que descobertas científicas posteriores en xenética expliquen diversos mecanismos polos cais iso ocorre na reprodución: tanto na reprodución asexual como na sexual, mutacións aleatorias (incluindo erros de transcrición de ADN); no caso da reprodución sexual (que mistura o ADN dos pais no da prole), fluxo xénico e deriva xenética son tamén mecanismos importantes. A competición (normalmente entre machos para fecundar a fémea) por parceiros leva á selección sexual - un proceso que Darwin consideraba secundario á ecolóxica para a maioría das especies.

A selección natural non distingue entre selección ecolóxica e selección sexual, na medida que ela se refere ás características, por exemplo, destreza de movimento, nas cais ambas poden atuar simultaneamente. Se unha variación específica torna o decendente que a manifesta máis apto á sobrevivencia e á reprodución ben sucedida, ese decendente e a súa prole terán máis chances de sobreviver do que os decendentes sen esa variación. As características orixinais, ben como as variacións que son inadecuadas dentro do ponto de vista da adaptación, deberán desaparecer conforme os decendentes que as posuen sexan substituídos polos parentes máis exitosos.

Así, certas caraterísticas son preservadas debido á vantaxe seletiva que conferen aos seus portadores, permitindo que un individuo deixe máis descendentes que os indivíduos sen esas características. Eventualmente, a través de varias iteracións deses proceso, os organismos poden desenvolver características adaptativas cada vez máis complexas.

[editar] Mecanismos da selección natural

O que fai que unha característica teña máis probabilidade de permitir a sobrevivencia do seu portador depende moito de factores ambientais, incluindo predadores da especie, fontes de alimentos, estrés abiótico, ambiente físico e así por diante. Cando os membros dunha especie se separan xeograficamente, enfrentan diferentes ambientes e tenden a evoluir en diferentes direccións. Despois dun longo tempo, esas características poderán terse desenvolvido en diferentes vias de tal xeito que xa non poderán intercruzarse, nun ponto que serán considerados como de especies distintas. Esa é a razón dunha especie, por veces, separarse en múltiplas especies, en vez de simplesmente ser substituída por unha nova (a partir diso Darwin suxeriu que todas as especies actuais evoluíron dun ancestro común).

Alén diso, alguns científicos especulan que unha adaptación que pode permitir ao organismo ser máis adaptable no futuro tende a se espallar mesmo que non proporcione nengunha vantaxe específica a curto prazo. Os descendentes deses organismos serán máis variados e así máis resistentes á extinción por catástrofes ambientais e eventos de extinción. Iso foi proposto como un dos motivos para o surximento dos Mammalia. Aínda que esa forma de selección sexa posible (aínda que altamente discutible), debe desempeñar un papel máis importante nos casos en que a selección por adaptación é contínua. Por exemplo, na hipótese da Raiña de Copas, suxerese que o sexo debe ter evoluído de modo que axude aos organismos a se adaptaren contra parasitos.

A selección natural pode ser expresa como a seguinte lei xeral (tirada da conclusión de A Orixe das Especies):

  1. SE hai organismos que se reproducen e
  2. SE os decendentes herdan as características dos seus proxenitores e
  3. SE hai variación nas características e
  4. SE o ambiente non suporta todos os membros dunha poboación en crecimento,
  5. ENTÓN aqueles membros da poboación con características menos adaptativas (determinadas polo ambiente) morrerán e
  6. ENTÓN aqueles membros con características máis adaptativas (determinadas polo ambiente) prosperarán

O resultado é a evolución das especies.

Debe ser observado que iso é un proceso continuo -- ela explica como as especies mudan e pode explicar tanto a extinción canto o surximento de novas especies.

[editar] Alcance da selección natural

Debe ser observado que a lei acima non se aplica somente a organismos biolóxicos; ela se aplica a calquer organismo que se reproduz de modo a envolver tanto a hereditariedade como a variación. Así, un tipo de selección natural pode ocorrer no reino do non biolóxico (vexa, por exemplo Programoción xenética. Digno de nota tamén é que esa formulación non elimina a ocorrencia da selección en todos os nibeis biolóxicos (e.g. xenes, organismos, grupos). Por fín, debe se salientar que o proceso particular de introdución de novas características non é importante.

Darwin esbozou súa teoría primeiramente en dous manuscritos non publicados escrito en 1842 e 1844, sendo máis completamente desenvovlido en A Orixe das Especies, en especial, Capítulo 4. Nese capítulo el escrebeu:

Podese dicir que a selección natural realiza o seu escrutinio día a día, hora a hora, polo mundo, de calquer variación, mesmo as máis sutis; rexeitando aquelas que son ruins e preservando e facendo prosperar todas as que son boas; traballando silenciosa e imperceptibelmente, onde e cando surxir a oportunidade na mellora de cada ser orgánico en relación a súas condicións orgánicas e inorgánicas de vida. Non vemos nada dese lento progreso, ata que os ponteiros do relóxio das eras teñan marcado un longo lapso de tempo e así tán imperfeita é a nosa visión sobre o profundo paso das eras xeolóxicas que todo o que podemos ver é que as formas de vida son agora diferentes daquelas que existían antes.

Darwin termina seu libro cunha pasaxe frecuentemente citada: "Hai grandiosidade nese modo de ver a vida, con súas diversas forzas, tendo surxido a partir dunhas poucas formas de vida ou dunha única; e que, encanto este planeta ten orbitado de acordo coas leis fixas da gravidade, dun inicio tán simples infinitas formas máis belas e maravillosas evoluíron, e continuan a evoluir."

[editar] Impacto da teoría

Talvez a afirmación máis radical da teoría de Darwin da evolución a través da selección natural é que "formas intrincadamente construídas, tán diferentes unha das outras, e interdependente dun modo tán complexo" evoluíron de formas de vida máis simples e segundo uns poucos principios.

É esa afirmación fundamental que inspirou alguns dos defensores máis ardorosos -- e que provocou a oposición máis profunda. Alguns grupos preferen acreditar na intervención ou no direcionamento divino do proceso, como aqueles que defenden a escola de pensamento do Proxecto intelixente. Por outra banda, moitas teorías de Selección artificial foron propostas suxerindo que os factores de aptitude [adaptación] economica e social atribuídos por outros seres humanos ou polo seu ambiente construído son de certa forma biolóxicos ou inevitabeis - Darwinismo social. Outros sustentan que houbo unha evolución de sociedades análoga a aquela das especies. As ideas de Darwin, xuntamente coas de Freud e Marx, son consideradas por moitos historiadores como tendo unha profunda influencia no pensamento do século XIX e desafiado as escolas de pensamento racionalista e o fundamentalismo relixioso que prevalecian na Europa.

[editar] Vexa tamén

  • selección artificial
  • selección direcional
  • selección ecolóxica
  • selección familiar
  • evolución
  • aptitude
  • deriva xenética
  • selección negativa
  • selección
  • selección sexual
  • sobrevivencia do máis apto


lklkklklkl

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com