A Orixe das Especies
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Orixe das Especies (nome completo: "Sobre a orixe das especies a través da selección natural ou a preservación de razas favorecidas na loita pola vida", tradución de On the Origin of Species by Means of Natural Selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life) foi un libro escrito polo naturalista británico Charles Darwin. É un dos libros máis importantes da historia da Bioloxía. Darwin defende, ahí, a teoría de que os organismos vivos evoluen gradualmente a través da selección natural.
O libro publicouse a primeira vez o 24 de novembro de 1859, esgotandose axiña e criando unha controversia que sobrepasou o ambito académico, ao chocar coa crenza relixiosa na criación, tal como se presenta na Biblia, no libro do Xénese.