George Washington
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
George Washington (Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia 1732-Mount Vernon 1799) foi o primeiro presidente dos Estados Unidos e heroe da independencia.
Washington era un rico cultivador de tabaco e enxeñeiro agrónomo. Serviu como oficial de milicias na guerra franco-india -contra os franceses- e dirixiu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Surxidas as diferencias coa metrópole (Inglaterra, o rei Xorxe III subira aínda máis os impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e a emancipación despois.
O Congreso de Filadelfia nombrouno xeral en xefe do Exército Continental. Venceu ós xerais ingleses: Clinton, Cornwallis, Bourgoyne e Howe. Finalmente, en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país. En 1789, tralas primeiras eleccións, Washington gañou e foi nomeado presidente. En 1793 foi reelixido. Tralo seu segundo mandato retirouse á vida privada en Mount Vernon.
O seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e mostrouse contrario a toda intervención en Europa.
Un estado e a cidade capital daquel país levan o seu nome coma homenaxe.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: Guerra da Independencia Americana |
George Washington (1879-1897) |
Precede a: John Adams |
Partido Federalista (Estados Unidos) |