Gaia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome propio. Deusa grega que encarna a Terra Nai. Tamén coñecida como Gea (Terra), o seu equivalente romano sería Tellus, ainda que existen certas asociacións un tanto confusas ca deusa Cibeles.
Índice |
[editar] Historia.
Segundo a mitoloxía grega, Gaia nace no principio dos tempos da profunda grieta que é o Caos, sendo unha das primeiras realidades materiais do Cosmos. Este nacemento é descrito, entre outros feitos, por Hesíodo na súa Teogonía.
Posto que o seu fillo e esposo Urano, horrorizado ante a monstruosidade dos seus primeiros fillos (os Hecatonquiros e os Cíclopes) e temendo que lle arrebataran o seu trono, os condenou a vivir nas profundidades do Tártaro, a rexión máis remota dos infernos, Gaia deu ó seu fillo Cronos unha fouce de sílex, pedíndolle que derrotara ó seu pai. Así foi como éste lle cortou o sexo, que lanzou ó mar. Das gotas de sangre que cairon sobre Gaia a Terra, fecundándoa, naceron as Erinias e os Xigantes; do semen caído sobre o mar, naceu Afrodita. Despois da castración de Urano, Gaia únese ó seu fillo Ponto e desa unión nacerán as divinidades marinas: 3 varones, Nereo, Forces e Taumante e 2 femias, Ceto e Euribia. Tamén se unirá ó seu irmán Tártaro, dando a luz a Tifón e Equidna.
Máis tarde, Gaia participaría nun complot para derrocar ó seu propio fillo Cronos, que unha vez no trono se volvera cruel e tirano, devorando ós seus fillos para evitar ser derrocado. Dela foi a idea levada a cabo por Rea de agochar ó fillo máis pequeno, Zeus, e darlle en troques a Cronos unha pedra envolta nas roupas do bebé.
[editar] Xenealoxía.
Gaia ou Gea é filla do Caos primordial e irmá de Eros (o amor sensual), o Tártaro (os infernos), o Erebo (as tebras infernais) e Nicte, a noite. Gaia é ademáis a nai das razas divinas: dará a luz, sen intervención de pai algún, a Urano, deus do firmamento, e a Ponto, personificación do mar ou das correntes mariñas, segundo versións. Logo unirase a Urano e dela nacerán en primeiro lugar os Hecatonquiros, xigantes de 50 cabezas e 100 mans, logo os Cíclopes (xigantes dun só ollo na frente), e por último, os Titáns e as Titánides (divinidades de gran tamaño).
[editar] Gaia e as tendencias ecoloxistas.
Hai un concepto formulado por James Lovelock, a chamada Hipótese Gaia, que concibe a biosfera (o conxunto formado pola terra e a súa atmosfera) como un xigantesco ser vivo. Esta hipótese, que foi desenvolvida máis tarde por Lynn Margulis baixo o nome de Teoría Gaia, fai referencia á bioxeografía, no sentido de que os seres vivos (animais e plantas) evolucionaron interactuando estreitamente co reino mineral, polo que todos forman parte dun conxunto dinámico que regula e dá forma á biosfera terrestre.
[editar] Curiosidades.
Esta concepción de Gaia como personificación con vida propia da Terra atópase na orixe de movementos como o New Age, ou certas tendencias ecoloxistas.
Por outra banda, o tema subxacente na película de animación "Final Fantasy: a forza interior" (en inglés, Final Fantasy: The Spirits Within, literalmente, 'os espíritos interiores') é así mesmo esta concepción dunha Terra como ser vivo no seu conxunto.