Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cíclope - Wikipedia

Cíclope

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Recreación dun cíclope
Agrandado
Recreación dun cíclope

Na mitoloxía grega, os Cíclopes (en grego Κύκλωφ Kuklôps, plural Κύκλωπες Kyklôpes, que ven de κύκλος kuklos, «roda», «círculo» e ὤψ ôps, «ollo») eran os membros dunha raza de xigantes cun só ollo no medio da testa.

Había dúas xeracións de Cíclopes:

Índice

[editar] Primeira xeración

Os Cíclopes da primeira xeración eran fillos de Urano e Gaia, e coñecidos artesáns e construtores. Eran xigantes cun só ollo no medio da fronte e un temperamento horríbel. Segundo Hesíodo eran fortes, turróns, e de «bruscas emocións». Eventualmente os seus nomes chegaron a ser sinónimo de forza e poder, e usábanse para se referir a armas especialmente ben manufacturadas.

Foron tres: Brontes, Estéropes e Arxes (aínda que algunhas fontes cambian a Arxes por Acmonides ou Piracmon). Había tamén outros catro chamados Eurialo, Elatreo, Traquio e Halimedes, que presumibelmente eran fillos dos tres primeiros.

Urano temía a súa forza e pechounos no Tártaro. Máis tarde Crono, outro fillo de Urano e Gaia, liberou os Cíclopes, xunto cos Hecatónquiros e os Xigantes. Aaxudáronlle a derrocar e castrar a Urano, mais Crono volveunos a encarcerar en Tártaro, onde permaneceron, gardados por Campe, até que Zeus os liberou. Forxaron raios para que Zeus os usase como arma e axudáronlle na guerra para derrocar a Crono e os outros Titáns (Titanomaquia). Os raios, que se converteron na arma predilecta de Zeus, foron forxados polos tres Cíclopes: Arxes puña o raio, Brontes o trono, e Estéropes o lóstrego.

Esta primeira xeración de Cíclopes tamén creou un tridente que producía terremotos para Poseidón, o arco e as frechas de Artemisa, e o casco de invisibilidade que Hades lle deu a Perseo na súa procura para matar a Medusa. Axudaron a Hefestos e dise que construíron o primeiro altar, así como as murallas e fortificacións de Tirinto e Micenas no Peloponeso, entre outras. Os ruídos que surxían do corazón dos volcáns atribuíanse ás súas operacións.

Cóntase posteriormente que foi Apolo quen matou os Cíclopes, despois de que Zeus matase o seu fillo, Asclepio, cun raio forxado por eles. Aínda que pode supoñerse que estes cíclopes eran inmortais, polo que quizais os cíclopes que Apolo matou fosen os seus fillos.

[editar] Segunda xeración

A segunda xeración de Cíclopes foi unha primitiva tribo de enormes monstros dun só ollo descuberta por Odiseo nunha remota illa (en ocasións identificada con Hesperia). Dicíase que estaban estreitamente relacionados cos Xigantes e cunha tribo fenicia (os Phaiakai) surxidos das gotas de sangue que caeron sobre Gaia (a terra) cando Urano foi castrado.

Porén, o cíclope máis coñecido desta xeración era un fillo de Poseidón e a ninfa Toosa chamado Polifemo. Outro dos cíclopes da segunda xeración foi Telemo, un vidente.

[editar] Orixes

Dada a súa inclinación pola ferraría, moitos estudiosos cren que a lenda dos Cíclopes surxiu da práctica habitual dos ferreiros de levar un parche sobre un ollo para non quedaren cegos de ambos polas chispas. Os ferreiros tamén tatuaban neles mesmos círculos concéntricos en honra ao sol, o que pode ser outra posíbel fonte da lenda. A segunda xeración de Cíclopes son definitivamente dun tipo diferente dos da primeira: probabelmente sexan adicións moi posteriores á mitoloxía sen conexión ningunha coa ferraría. Moitos cren que as lendas asociadas a Polifemo non contaban que fora un cíclope até que Homero as incluíu n´A Odisea, podendo ser orixinalmente Polifemo algún tipo de monstro ou demo local. Suxeriuse que talvez fora un dos Triamantes da lenda cretense, raza rural de ogros devoradores de homes que tiña un terceiro ollo detrás da cabeza. Á parte do detalle dos ollos, son moi parecidos aos Cíclopes de Homero.

Outra posíbel orixe da lenda dos Cíclopes é o achado por parte dos gregos de cranios de elefantes prehistóricos (aínda existen algúns en Creta). Debido á gran cavidade nasal (para a trompa) no centro do cranio, poderíase pensar que tiñan unha única cunca ocular grande. As cuncas oculares reais, máis pequenas, están aos lados e son moito menos notábeis. Dada a escasa experiencia que seguramente os nativos tiñan con elefantes vivos, é difícil que recoñecesen o cranio como o que realmente era.

Quizais os Cíclopes foran os sicelos (Cclps ~ Scls) da idade clásica, que posteriormente se estableceron en Siracusa.

[editar] Murallas «ciclópeas»

Tras a «Idade Escura» os helenos viron con asombro os enormes bloques que se usaran nas edificacións micénicas, en lugares como Micenas e Tirinto, ou en Chipre, e chegaron á conclusión de que só os Cíclopes reunían a habilidade e forza necesarias para construír de xeito tan monumental.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com