Cibeles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cibeles, unha deusa de orixe frixio, foi asimilada polos romanos á grega Rea.
Índice |
[editar] Historia.
En orixe, esta deusa frixia encarnaba a fertilidade, e en certo modo, á natureza en estado salvaxe.
Cibeles, como Rea e polo tanto esposa de Saturno, vendo que o seu marido devoraba tódolos seus fillos para evitar que ningún deles o destronase, e seguindo o consello da súa nai, Gaia, esconde o seu fillo Xúpiter e lle da en troques unha pedra envolta cas roupas do bebé, logrando así salvalo.
[editar] Símbolos.
Os seus animais protexidos eran o león e as abellas. Represéntase especialmente sentada nun trono e acompañada de dous leóns, que simbolizan a natureza salvaxe.
[editar] Xenealoxía.
Cibeles é filla de Urano e Gaia, o ceo e a terra, respectivamente.Na súa asimilación a Rea, e esposa de Saturno e nai de Ceres, Vesta, Xuno, Neptuno, Plutón e Xúpiter.
[editar] Culto.
Dende as súas orixes frixias, Cibeles era moi coñecida e venerada no mundo antigo. Contábase que podía curar as enfermidades (ou incluso provocalas), polo que era considerada protectora do seu pobo durante a guerra. Era adorada no monte Dyndimo, onde se atopaba a rocha que a representaba, caída segundo a lenda directamente dos ceos. Este monte atopábase na gran cidade comercial de Pessino, mencionada polo xeógrafo e historiador latino Estrabón.