Francisco Vázquez Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francisco Vázquez Vázquez (A Coruña 9 de abril de 1946 - ) é un político galego, alcalde da Coruña durante vinte e tres anos (1983 - 2006) e actualmente embaixador español no Vaticano.
Estudiou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. No 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade. En febreiro do 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, é elixido Secretario Xeral dos socialistas galegos, e forma parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, presentándose á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas.
En 1983 gaña as eleccións locais na Coruña, obtendo o maior apoio electoral nunha capital de provincia, con máis dun 60% dos votos. Volvería a obter maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003. Ainda que esta útlima vez, estivo a 200 votos de perdela e quedouse nos 14 escanos que dan a maioría.
Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e varias lexislaturas Senador. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia do 1981.
Preside a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), é Cabaleiro da Orde do Imperio Británico e recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
De caracter provocador, antinacionalista e anti-galeguista, non deixou de abrigar esperanzas de trasladar a capitalidade galega á súa cidade. Políticamente mantén unha ambiguidade calculada: republicano e socialdemócrata convencido, confésase católico practicante e respetuoso coa monarquía.
Famoso, dentro do seu anti-galeguismo, pola súa imposición do nome castelán da cidade, e a sua feroz oposición á utilización oficial do nome galego "A Coruña", en contra das leis de normalizacion da comunidade galega.
O 10 de febreiro de 2006 o goberno español nomeouno embaixador no Vaticano