Forzas produtivas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parte da serie sobre Marxismo |
Conceptos fundamentais |
Alienación |
Burguesía |
Comunismo |
Explotación |
Forzas produtivas |
Hexemonía cultural |
Loita de clases |
Materialismo dialéctico |
Materialismo histórico |
Medios de produción |
Modo de produción |
Plusvalor |
Proletariado |
Relacións de produción |
Teoría do valor-traballo |
Outras ligazóns |
Marxismo |
Economía marxista |
Forzas produtivas ou forzas de produción (en alemán, Produktivkräfte) é un concepto central no marxismo e no materialismo histórico.
Subvirtiendo a concepción tradicional da historia, que situaba en primeiro plano as fazañas dos personaxes ilustres, o marxismo fai fincapé na vida material das sociedades. Para Marx, o primeiro feito histórico é a produción polos grupos humanos da súa propia existencia social. Para producir os bens necesarios para a súa subsistencia, os homes empregan certo número de medios materiais. Eses medios de produción son primeiro, elementos que se dan na natureza: terra, bosque, mar, etc. Outros permiten transformar mediante o traballo materiais brutos en artigos de consumo.
A eses elementos asigna o marxismo o nome de forzas produtivas. Tales son as ferramentas e todas as forzas motrices utilizadas polo home (aire, auga, electricidade, enerxía atómica, etcétera). Pero hai que incluír tamén entre as forzas produtivas todos os procedementos laborais, o agrupamento dos obreiros en fábricas ou talleres e logo en complexos industriais, a división do traballo e a súa racionalización, etc. A ciencia intervén na formación das forzas produtivas.
Dentro da concepción marxista, as forzas produtivas están necesariamente en conexión cun tipo determinado de relacións entre os homes na produción e ata cun conxunto da formación social. Para Engels, o escasísimo desenvolvemento das forzas produtivas nas sociedades primitivas tiña por consecuencia a falta absoluta de propiedade privada de medios de produción e a inexistencia de clases antagónicas. Ese tipo de sociedade coñecería un modo de produción que Engels denomina comunismo primitivo. No entanto, as forzas produtivas non sofren unha evolución independente. Esta pode verse obstaculizada ou favorecida polo sistema das relacións de produción e polas superestruturas políticas e ideolóxicas.