Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Karl Marx - Wikipedia

Karl Marx

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Karl Marx
Karl Marx

Karl Heinrich Marx (1818-1883), economista e pensador alemán, que viviu boa parte da súa vida en Inglaterra e que deu orixe ao marxismo, teoría filosófico-económica que tivo unha ampla vixencia no século XX. A súa obra máis destacada, O Capital, é, despois da Biblia, a obra escrita con máis difusión no mundo. Destacan tamén o Manifesto do Partido Comunista (1848), A guerra civil en Francia, e outras moitas obras escritas na súa meirande parte co seu colaborador e tamén economista Friedrich Engels. Karl Marx foi un dos pensadores máis influentes da Historia e figura clave na análise da historia, a sociedade, a política e a economía. O seu pensamento prolóngase cara moitas décadas máis tarde a partires da súa morte, sendo chave para entender os procesos sociais e políticos que percorren o século XX e converténdose no padre ideolóxico do comunismo.

[editar] Biografía

Marx naceu en Tréveris (Prusia, agora Alemaña), no seo dunha familia de ascendencia xudía. Cursou estudos de dereito na Universidade de Bonn. Alí, comezaron cedo as súas inquedanzas sociais, e facendo as súas primeiras colaboracións, na Rheinische Zeitung (Gaceta Renana), publicación da que chegará a ser redactor xefe. En París, cara onde marcha debido á persecución das autoridades, Marx coñece a Friedrich Engels, con quen nacería unha grande amizade, e que sería ate os seus últimos días o seu eterno colaborador. Os seus artigos publicados en Francia provocan a súa expulsión deste país, polo que vese obrigado ao exilio, establecéndose en Bruselas, onde ingresa na Liga dos Comunistas. Tralo período revolucionario de 1848, trasládase a Colonia (Alemaña), onde organiza un novo diario, Neue Rheinische Zeitung (Nova Gaceta Renana). Esta nova publicación, que ven á luz nun marco de forte actividade obreira organizada, acada un éxito rotundo. E é precisamente por esta capacidade axitadora polo que é prohibida polo goberno renano. Neste período é precisamente cando Marx dedica o seu tempo á escritura da que sería a súa obra máis influínte, O Capital, que elabora nas salas de lectura do Museo Británico. O primeiro volume de "O Capital" non verá a luz ate 1867, tras dezaoito anos de traballo. Ademais, mentres traballa nesta obra, Marx colaborou na organización da Primeira Internacional, participando activamente nas discusións e na confrontación no seo da mesma entre comunistas e anarquistas. Trala experiencia da Comuna de París de 1871, Marx se retira da política activa e se dedica á escritura de ideoloxía, destacando como análise da praxe revolucionaria a súa obra A guerra civil en Francia. Finou o 14 de marzo de 1883 en Londres.

[editar] Pensamento

Marx é testemuña da primeira gran crise do capitalismo (década dos anos 30 do século XIX) e do período revolucionario de 1848. Estas dúas vivencias serven como pretexto para a análise teórica inserta na súa obra, na que desenrola unha teoría económica quen de aportar explicacións ás mesmas, pero á vez de interpelar as clases populares a participar nela activamente para producir un cambio revolucionario. Unha teoría revolucionaria que, se ben parte da análise da situación do seu tempo, non se circunscribe a este, senón que, mediante as súas teorías do materialismo histórico e dialéctico serve para analizar, interpretar e incidir nas condicións socioeconómicas de cada momento histórico.

Para Marx, a determinación da magnitude do valor dunha mercadoría é a cantidade de traballo requirido socialmente para producila. Esta é a coñecida teoría do valor traballo. Así, criticando a teoría de David Ricardo do valor-traballo, deduce que o salario é o valor da mercadoría "forza de traballo", e como todo valor, determínase polo tempo de traballo necesario para a produción e reprodución da mesma, neste caso para a produción e reprodución da mercadoría "forza de traballo". Isto é, o valor dos medios de vida necesarios para asegurar a subsistencia do traballador. Por outra parte, o capitalista comprador da "forza de traballo" consome dita mercadoría no proceso de produción onde o traballador rende durante un tempo (xornada laboral) que excede a cantidade de tempo necesaria para a súa reprodución como obreiro (salario): é dicir, o valor da "forza de traballo" e a súa valorización no proceso de traballo son factores distintos, cuxa diferenza determina a magnitude da plusvalía (exemplo de Marx no Capital 1: "para alimentar e manter en pé a forza de traballo durante vintecatro horas faga falta media xornada de traballo, non quere dicir, nin moito menos, que o obreiro non poda traballar durante unha xornada enteira").

Esta plusvalía é apropiada polo capitalista e dela procede a ganancia. Esta apropiación constitúe a base fundamental do modo de produción capitalista e a súa vez estas condicións materiais determinan a superestrutura, é dicir, as formas e contidos da conciencia expresadas na arte, a política, a relixión e tamén o dereito. Esta contradición fundamental (produción colectiva contra apropiación individual) baixo o réxime de produción capitalista, reviste a forma da lei xeral da acumulación capitalista, que consiste en que canto maior é a riqueza social, é dicir, o capital en funcionamento, tanto maior é a magnitude absoluta do proletariado e a capacidade produtiva do mesmo, e polo tanto, tanto maior é o exército de reserva, polo tanto a medida que crece a acumulación de capital crece a acumulación de miseria, e algúns dos seus fenómenos son a diminución da taxa de beneficios á vez que a concentración do capital en moi poucas mans. Así, a contradición principal do capitalismo segundo Marx é o antagonismo de clases entre a clase capitalista e a clase proletaria.

A necesidade da revolución implícita en tales contradicións está determinada polas tensións que se derivan do feito de que as forzas produtivas sorpasan e se ven limitadas polas relacións de produción. Para o capitalismo tal revolución consiste na "expropiación dos expropiadores" e movemento final da dialéctica da propiedade privada e a súa abolición, que no pensamento de Marx se concreta nun horizonte político concreto: o socialismo, antesala a súa vez do comunismo. O materialismo dialéctico, é dicir, a dialéctica do modo en que o home produce os seus medios de vida, da que se deriva a súa alienación, constitúe para Marx a historia humana (para Marx "a historia humana é a historia da súa alienación e da abolición de dita alienación"), historia que a cada momento só pode ser entendida segundo os seus diferentes modos de produción, e a loita de clases inherente, por exemplo, escravista, feudal, capitalista e comunista. A teoría do materialismo dialéctico, básica para unha análise marxista das determinadas condicións ao estudo, pon en evidencia a característica antidogmática do marxismo. O método dialéctico, polo que o marxismo pode estar en constante actualización, formula a necesariedade dunha síntese en calquera relación dialéctica entre unha tese e unha antítese. Esta lei é aplicábel á historia mediante o materialismo histórico. Así, da confrontación dialéctica entre burguesía e a antiga poderosa nobreza, xurdiu unha síntese: a sociedade capitalista. Polo tanto, mediante a relación dialéctica entre burguesía e proletariado faise necesaria como síntese a sociedade comunista.

[editar] Influencia do seu pensamento

As obras de Marx influíron a un bo número de teóricos e políticos, e serviu de base teórica para grandes movementos sociais, sindicais e en xeral de masas. É salientábel a interpretación que realizaron países do chamado "socialismo real": URSS, Albania, China, Cuba... Por outra, a que realizou historicamente a socialdemocracia, nos seus orixes contraria á táctica revolucionaria e partidaria de avanzar cara o socialismo a través de progresivas reformas parlamentarias, derivando aos poucos ate aceptar a economía de mercado). Así mesmo, o marxismo, como tese antidoutrinal e antidogmática por excelencia, en constante movemento e que emprega métodos de análise como método formador de teorías, serve para o estudo de determinadas ciencias (historia, arte, antropoloxía, etc.).

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:
THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: