Etimoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Definición
- Estudo científico sobre a orixe da estrutura léxica dunha lingua, tanto das palabras como da súa fraseoloxía.
- Dita orixe, chamada neste caso étimo, referida a unha palabra en concreto.
[editar] Etimoloxía de "Etimoloxía"
A palabra "etimoloxía" vén do latín "etymologia" e esta, á súa vez, provén do grego "etymonlogia ", vocábulo formado de etymos (verdadeiro) e logos (palabra). É dicir, significa "verdadeira orixe das palabras".
[editar] A etimoloxía das palabras galegas
Grazas á etimoloxía temos unha clara idea das orixes do galego, unha lingua romance, románica ou neolatina. Derivada do latín vulgar que foi imposto polos romanos no ano 206 a. de C. O latín é unha lingua indoeuropea e sintética, que expresa as súas relacións gramaticais por medio de morfemas ou desinencias que se combinan coa raíz, ao contrario do español que expresa estas mesmas relacións por medio de artigos e preposicións. Hai concesións doutras linguas ao galego.
- Linguas Anglosaxonas: WC, whisky.
- Lingua Francesa: xardín, maionesa, pantalón.
- Linguas Xermanas: bigote, brandy, brindis, escravo, pouta.
- Lingua Grega: atleta, biblia, tártaro.
- Lingua Mozárabes: asasino, alcalde, café, oxalá.
- Lingua Celta: cabana, rocha, bugallo.
- Lingua Basca ou éuscaro: esquerda.
- Do éuscaro hérdase o sufijo -rro (carro).
- Linguas Indíxenas Sudamericanas: cacique, chocolate, cigarro.
[editar] A Ciencia Etimolóxica
O estudo da etimoloxía axúdanos a comprender o significado das palabras, a ampliar o vocabulario e mellorar a ortografía.
Usando textos antigos, os etimoloxistas tratan de saber cando e como unha palabra foi incorporada ou evolucionou cara á linguaxe actual, e que transformacións experimentou.
A valoración da súa importancia variou dependendo das tendencias do momento. A súa época dourada viviuse durante o século XIX cando se emprenderon os máis grandes proxectos de estudo etimolóxico, tales como o OED.
A etimoloxía peninsular debe moito á obra do filólogo catalán Joan Coromines, do século XX.
[editar] Véxase tamén
- OED o "Oxford English Dictionary" é o dicionario etimolóxico máis completo que existe na lingua inglesa.
- Lexicografía
- Glosario de termos lingüísticos