Estroncio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xeral | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome, símbolo, número | Estroncio, Sr, 38 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Serie química | Metal alcalinotérreo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo, período, bloque | 2, 5, s | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Densidade, dureza Mohs | 2630 kg/m³, 1,5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aparencia | Metálico prateado esbrancuxado 125px |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Propiedades atómicas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso atómico | 87,62 uma | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio medio† | _ pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio atómico calculado | 219 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio covalente | 37 pm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Radio de Van der Waals | Sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Configuración electrónica | [Kr]5s² | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estados de oxidación (óxido) | 2 (base forte) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estrutura cristalina | Cúbica centrada nas caras | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Propiedades físicas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado da materia | Sólido (paramagnético) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Punto de fusión | 1050 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Punto de ebulición | 1655 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entalpía de vaporización | 144 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entalpía de fusión | 8,3 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presión de vapor | 246 Pa a 1042 K | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Velocidade do son | sen datos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Información diversa | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Electronegatividade | 0,95 (Pauling) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Calor específica | 300 J/(kg*K) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Condutividade eléctrica | 7,62 106 m-1?-1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Condutividade térmica | 35,3 W/(m*K) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1̊ potencial de ionización | 549,5 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2̊ potencial de ionización | 1064,2 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
3̊ potencial de ionización | 4138 kJ/mol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Isótopos máis estables | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Valores no SI e condicións normais (0 ºC e 1 atm), agás indicación en contra. †Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace covalente, metálico ou iónico. |
O estroncio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Sr e o seu número atómico é 38.
Índice |
[editar] Características principais
O estroncio é un metal brando de cor prateada brillante, algo maleable, que rapidamente se oxida en presenza de aire adquirindo un ton amarelento pola formación de óxido polo que debe conservarse mergullado en queroseno. Debido á súa elevada reactividade o metal atópase na natureza combinado con outros elementos e compostos. Reacciona rapidamente ca auga liberando o hidróxeno para formar o hidróxido.
O metal arde en presenza de aire -espontaneamente se se atopa en po finamente dividido- con chama vermella rosada formando óxido e nitruro; dado que co nitróxeno non reacciona por baixo de 380ºC forma unicamente o óxido cando arde a temperatura ambiente. Os sales volátiles de estroncio pintan dunha fermosa cor carmesí as chamas polo que se usan en pirotecnia.
Presenta tres estados alotrópicos con puntos de transición a 235 ºC e 540 ºC.
[editar] Aplicacións
Hoxe día o principal uso do estroncio é en cristais para tubos de raios catódicos de televisores en cor debida á existencia de regulacións legais que obrigan a utilizar este metal para filtrar os raios X evitando que incidan sobre o espectador. Outros usos son:
- Pirotecnia (nitrato).
- Produción de imans de ferrita
- O carbonato úsase no refino do cinc (remoción do chumbo durante a electrólise), e o metal na desulfurización do aceiro e como compoñente de diversas aliaxes.
- O titanato de estroncio ten un índice de refracción extremadamente alto e unha dispersión óptica maior cá do diamante, propiedades de interese en diversas aplicacións ópticas. Tamén se usou ocasionalmente como xema.
- Outros compostos de estroncio utilízanse na fabricación de cerámicas, produtos de vidro, pigmentos para pinturas (cromato), lámpadas fluorescentes (fosfato) e medicamentos (cloruro e peróxido).
- O isótopo radioactivo Sr-89 úsase na terapia do cancro, o Sr-85 utilizouse en radioloxía e o Sr-90 en xeradores de enerxía autónomos.
[editar] Historia
O estroncio (de estronciana) foi identificado en 1970 por Adair Crawford no mineral estroncianita distinguíndoo doutros minerais de bario. En 1798 Klaproth e Hope descubrírono de forma independente. O primeiro en illar o estroncio foi Humphry Davy mediante electrólise da estronciana —óxido de estroncio— de onde provén o nome do metal.
[editar] Abundancia e obtención
O estroncio é un elemento abundante na natureza representando unha media do 0,034% de tódalas rochas ígneas e atópase maioritariamente en forma de sulfato (celestita) e carbonato (estroncianita). A similitude dos radios iónicos de calcio e estroncio fai que este poida substituír ao primeiro nas redes iónicas das súas especies minerais o que provoca que o estroncio estea moi distribuído. A celestita atópase en boa medida en depósitos sedimentarios de tamaño suficiente para que a súa minería sexa rendible razón pola que é o principal mineral de estroncio malia que a estroncita sería, en principio, mellor xa que o estroncio se consome principalmente en forma de carbonato, así a todo os depósitos de estroncita economicamente viables atopados ata a data son escasos. As explotacións principais de mineral de estroncio atópanse en Inglaterra.
O metal pódese extraer por electrólise do cloruro fundido mesturado con cloruro de potasio:
- (cátodo) Sr2+* + 2e- → Sr (ánodo) Cl-* ½Cl2 (gas) + e-
ou ben por aluminotermia, é dicir, redución do óxido con aluminio en baleiro á temperatura de destilación do estroncio.
[editar] Isótopos
O estroncio ten catro isótopos naturais estables: Sr-84 (0,56%), Sr-86 (9,86%), Sr-81 (7,0%) e Sr-88 (82,58%). Unicamente o isótopo Sr-87 é radioxénico, produto da desintegración de rubidio-87. Xa que logo, o Sr-87 pode ter dúas orixes o formado durante a síntese nuclear primordial (xunto cos outros tres isótopos estables) e o formado polo decaemento do rubidio. A razón Sr-87/Sr-86 é o parámetro tipicamente utilizado na datación radiométrica da investigación xeolóxica, atopándose entre valores entre 0,7 e 4,0 en distintos mineralé e rochas.
Coñécense dezaseis isótopos radioactivos. O máis importante é o Sr-90, de 29 anos de vida media, subproducto da choiva nuclear que segue ás explosións nucleares e que representa un importante risco sanitario xa que substitúe con facilidade ao calcio nos ósos dificultando o seu eliminación. Este isótopo é un dos mellor coñecidos emisores beta de alta enerxía e longa vida media e emprégase en xeradores auxiliares nucleares (SNAP, Systems for Nuclear Auxiliary Power) para naves espaciais, estacións metereolóxicas remotas, balizas de navegación e, en xeral, aplicacións nas cales se requira unha fonte de enerxía eléctrica lixeira e con gran autonomía.
[editar] Precaucións
O estroncio puro é extremadamente reactivo e arde espontaneamente en presenza de aire polo que se lle considera un risco de incendio.
O corpo humano absorbe estroncio do mesmo xeito ca calcio. As formas estables (non radioactivas) de estroncio non provocan efectos adversos significativos na saúde, pero o Sr-90 radioactivo acumúlase no corpo prolongando a exposición á radiación e provocando diversas desordes incluído o cancro de óso.