El Libredón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
El Libredón foi un diario católico-tradicionalista que se fundou en 1881 en Santiago de Compostela. Os seus fundadores foron Antonio Toledo Quintela e Alfredo Brañas.
Dirixiuno primeiro Antonio Quintela ata a súa morte en abril de 1885 e logo Alfredo Brañas ata o 1 de xaneiro de 1887. Durante o tempo en que Brañas foi director, o xornal sumouse a posicións claramente rexionalistas. O último director foi Hermenegildo Calvelo, ata que se transformou en El Pensamiento Galaico, xa de carácter claramente carlista.
Entre os colaboradores estiveron Juan Barcia Caballero, Salvador Cabeza de León e Antonio López Ferreiro.