Donatello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Donatello (Donato di Niccolò di Betto Bardi) (1386 – 13 de decembro de 1466) foi un famoso escultor renacentista florentino.
Donatello amosa un fondo coñecemento técnico e un completo dominio dos materiais. Os volumes compactos, composicións pechadas e equilibradas sérvenlle para amosar unha humanidade individualizada e real en toda a súa etapa e unha gama riquísima de expresións e afectos. No relevo, Donatello, procura a fondura e empregou por vez primeira a técnica do sciacciato, que facía parecer as figuras máis profundas do que eran en realidade.