Canal da Mancha
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Canal da Mancha ou Estreito de Dover é a parte do Océano Atlántico que separa a illa da Gran Bretaña do norte da Francia e une o Mar do Norte ao Atlántico e que se extende por unha superficie duns 75.000 Km2. En francés chámase La Manche, en alemán Der Ärmelkanal e en inglés English Channel.
Ten aproximadamente 563 km (350 millas) de ancho e a súa parte máis longa é de 240 km (150 millas). O seu punto máis estreito ten apenas 34 km (21 millas), de Dover ata o Cabo Griz-Nez.
De pouca profundidade (20 a 30 m), o estreito tamén é recheado de dunas submarinas que se desprazan e se modifican baixo o efecto das correntes e mareas, o que torna os accidentes bastante frecuentes.
A canle da Mancha comunica:
- O Mar do Norte polo Paso de Calais polo leste;
- O Océano Atlántico polo oeste.
A circulación marítima no canal da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superpónse a dos ferries que ligan a Francia á Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.
As Illas do Canal localízanse no interior do Canal da Mancha, próximas ao lado francés. A illa de Ouesant é o punto de referencia da extremidade occidental do canal.
O département (departamento) da Mancha, que incorpora a península do Cotentin, que avanza en direción ao canal, ten ese nome debido á rexión marítima circunviciña.