Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Black metal - Wikipedia

Black metal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O black metal é un xénero musical que parte do heavy metal e ten as súas orixes en Inglaterra a mediados dos oitenta, mais o seu desenvolvemento lévase a cabo a principios dos noventa en Noruega. Con características musicais tales como o minimalismo instrumental, voces guturais rachadas, baterías aceleradas e guitarras agudas, nace como un movemento musical principalmente anticristián.

Índice

[editar] Características

O black metal caracterízase basicamente pola utilización de voces guturais rachadas (mellor coñecidas como shrieks), guitarras agudas, ritmo de batería acelerado (ritmo relampo ou blast beats) e minimalismo instrumental.

Así a todo, ó longo da década dos noventa foron xurdindo novos subxéneros a partir de modificacións nos ritmos, agregados de coros así como tamén outros instrumentos (teclados na maioría dos casos) e a introdución de características propias doutros xéneros musicais.

[editar] Historia

O black metal tivo as súas orixes en Gran Bretaña, cando un grupo de Newcastle chamado Venom lanzou ao mercado no ano 1981 o seu primeiro disco de estudo titulado "Welcome To Hell" o cal incorporaba as devanditas voces guturais (shrieks), minimalismo instrumental e unha gravación moi precaria ademais dun contido lírico de carácter anti-relixioso, concretamente, anticristián. Foi en 1982 cando o seguinte traballo discográfico viu a luz: "Black metal", cuxo nome bautizou á un novo xénero musical. No entanto, estas pezas musicais imitaban máis ao thrash metal, o heavy metal da nova oleada británica (NWOBHM) e o punk que ao que hoxe coñecemos como black metal.

En 1984, os suízos de Hellhammer gravan un EP de nome "Apocalyptic Raids" fusionando varios xéneros coma o speed metal, o death metal e o doom metal e algunhas pinceladas de black metal. O grupo sepárase, Thomas Gabriel Fischer (mellor coñecido como Tom G. Warrior e "Satanic Slaughter") e Martin Ain ("Slayed Necros") forman Celtic Frost. Podemos ter en conta tamén grupos brasileiros coma Sarcofago, os cales facían una mestura de thrash metal con ritmos veloces e líricas non moi diferentes das tradicionais do black metal, e as bandas alemás de thrash metal Destruction e Sodom debido ós seus toques black.

Os suecos Bathory, liderados por Ace Börje Forsberg (Quorthon), practicaban unhas músicas moi parecidas ás de Venom. Logo dos discos "Bathory" (1984) e "The Return..." (1985), chegou no ano 1987 o principal disparador deste novo xénero: "Under The Sign Of The Black Mark" e, con todo isto, quedou formada a base para a escena do black metal noruego (true norwegian black metal) coñecida por varios casos de asasinatos e a queima de vintedúas igrexas.

A comezos dos noventa, grupos musicais de Noruega coma Mayhem, Burzum, Darkthrone e Immortal, entre outros, colleron os conceptos de minimalismo instrumental, voces guturais, guitarras agudas e ritmos acelerados de batería (ritmo relampo ou blast beats) e convertéronos no camiño á seguir. É aquí cando podemos comezar a falar do black metal como xénero musical.

En 1993 o Inner Circle ou Círculo Interno disólvese tras ser Øystein Aarseth (Euronymous), ex-guitarrista e líder de Mayhem e creador do círculo, asasinado con vintetrés puñaladas o 10 de Agosto polo único membro de Burzum, Varg Vikerness (coñecido coma Count Grishnackh),qien ingresou no cárcere con pena por vintetrés anos. Rumoreábase que o acto foi polo liderato daquela organización cuxos fins era acabar co cristianismo en Noruega e voltar ás antigas crenzas e práticas pagás, e ter control sobre as bandas de black metal xurdidas en Noruega para decidir se eran auténticas e merecían pertencer ó xénero.

Snorre Ruch (tamén coñecido como Blackthorn), ex-guitarrista de Mayhem, foi condenado á oito anos de prisón por complicidade no dito asasinato. Non pasou moito tempo antes de que a policía soubese das prácticas desta organización.

Outro dos asasinatos destacados é o dun homosexual cuxa autoría se lle atribúe á Bard Eithun (Faust), ex-baterista de Emperor, e da cal non se soubo nada até dous anos despois. Jon Nödtveidt, ex-cantante e guitarrista da formación sueca Dissection, é acusado de complicidade. En 1992, ambos foron penados con catorce anos de cárcere, e o primeiro tamén foi xulgado por incendio voluntario e roubo.

Tomas Thormodsæter Haugen (Samoth), guitarrista de Emperor, é condenado á dous anos de cárcere por complicidade nos incendios xunto a Varg Vikerness.

Debido á todo o acontecido, os outros membros do círculo deciden afastarse e o Inner Circle desaparece.

No ano 2004, Jon Nödtveidt finalizou a súa cadea e regresou ó grupo musical. Así a todo, estímase que arredor do catorce e dezaseis de agosto do 2006, ós seus trinta e un anos, se suicidou disparándose. A policía sueca atopou o seu cadáver no seu apartamento; as razóns deste acontecemento son descoñecidas.

[editar] Desenvolvemento Posterior

Bandas como Emperor, Ancient e Satyricon, chamadas de segunda xeración, empezaron a incluír novos elementos e, así, foron xurdindo novos subxéneros e estilos dentro do black metal.

Foi Emperor quen engadiu teclados ó seu black metal e deu lugar o chamado melodic black metal ou symphonic black metal. Grupos como Dimmu Borgir, The Covenant (tiveron que cambiar o seu nome á The Kovenant debido á asuntos legais cunha banda sueca de ebm que tamén se chamaba así), Cradle Of Filth e Anorexia Nervosa son ou foron (no caso de Cradle Of Filth) algunhas das bandas pertencentes a este novo subxénero.

Bathory foi outra das bandas que introduciu novos elementos á súa música para dar paso a aparición de novos subxéneros. O viking metal, seguido por grupos coma Ancient Rites, Borknagar, Ensiferum, Enslaved, Falkenbach, Mithotyn, Moonsorrow, Mythos Nord, Thyrfing e Vintersorg.

Tamén se adoptaron instrumentos da música folk. É así como naceu unha fusión entre o black metal e dita música, a cal se chamou folk metal. Ancient Rites, Borknagar, Ensiferum , Falkenbach, Mithotyn, Moonsorrow, Vintersorg, e Moonspell no seus inicios cando aínda se chamaba Morbid God, son algúns dos seus grupos.

Outros apartáronse en novos estilos baseándose nas líricas, da man de temas de ámbito político (como o nationalsocialist black metal, de ideas pro-nazis, con iconos coma Burzum ou Nokturnal Mortum) ou relixioso (como o unblack metal, que defende as posturas cristiás fronte ás anticristiáns tradicionais do black metal, con bandas como Crimson Moonlight e Elgibbor).

[editar] Bandas

  • Venom
  • Bathory (últimamente, viking metal; actualmente disolta debido á morte do seu último membro Quorthon)
  • Mayhem
  • Burzum (único membro no cárcere, mais non descarta a posibilidade de seguir gravando cando remate o cumprimento da súa condena)
  • Darkthrone
  • Immortal
  • Emperor (actualmente, symphonic black metal)
  • Ancient (melodic black metal)
  • Satyricon
  • Dark Funeral
  • Marduk
  • Behemoth (actualmente, fusión entre black metal e death metal)
  • Gorgoroth
  • 1349
  • Carpathian Forest
  • Dechristianize

[editar] Black Metal Galego


Encyclopaedia Metallum: The Metal Archives


Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com