Anxo Quintana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Anxo Quintana | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Anxo Manuel Quintana González | ||
Data de nacemento: | 25 de febreiro de 1959 | ||
Lugar de nacemento: | Allariz, Galicia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Bloque Nacionalista Galego | ||
Cargo(s): | Vicepresidente da Xunta de Galicia (dende o 2005) Voceiro Nacional do BNG dende 2003 Senador dende 1999 Alcalde de Allariz (1989 - 2000) |
||
Profesión: | Político e enfermeiro |
Anxo Manuel Quintana González (nado en Allariz o 25 de febreiro de 1959), é o vicepresidente do goberno galego e líder do BNG.
Estudou enfermería en Vigo. Concelleiro en Allariz (1983-2000), alcalde de Allariz (1989-2000), despois que unha revolta popular expulsara o anterior alcalde, que o Programa Hábitat da ONU elixiu como exemplo de xestión en defensa do desenvolvemento sostible. Foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (1995-2000). Senador desde 1999. Coordinador da Executiva Nacional do BNG 2002-2003. É Voceiro Nacional do BNG desde o 23 de novembro de 2003.
Tras as eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005, e através do pacto entre BNG e PSdeG, asume a Vicepresidencia do Goberno da Xunta de Galicia o 2 de agosto de 2005.
[editar] Ligazóns externas
Web oficial de Anxo Quintana como candidato á presidencia da Xunta