Andecha Astur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andecha Astur (AA) é un partido político nacionalista asturiano de esquerdas.
Fundado en 1990, aínda que até agora non ten acadada representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias en ningunha lexislatura das 3 ás que se ten presentado. Nas eleccións municipais de 2003 tiveron 4.250 votos (0.7%) e conseguiron dous concelleiros, un en Riosa e outro en Carreño. Nas autonómicas tiveron 3.821 votos (0.63%).
En 2004 presentouse ás eleccións ó Parlamento Europeo dentro da coalición Europa dos Pobos e tivo 1.677 votos (0.38%). Nas eleccións xerais de 2004 conseguiu 1.970 votos (0.28%)
Índice |
[editar] Ideoloxía
Andecha Astur é unha organización política nacionalista de esquerdas. Entre as súas bases ideolóxicas atópanse:
- O recoñecemento de Asturias como unha nación.
- O dereito de autodeterminación.
- O recoñecemento do idioma asturiano como lingua nacional de Asturias e polo tanto a súa oficialidade.
- Os dereitos da clase traballadora.
- O socialismo.
- O ecoloxismo.
- A democracia participativa.
[editar] Postura respecto ó galego de Asturias
Andecha Astur non recoñece que no occidente de Asturias se fale galego e periodicamente denuncia agresións da TVG, do goberno galego e do Bloque Nacionalista Galego nunha suposta política de imposición do galego sobre unha fala que eles consideran que pertence en exclusiva á cultura asturiana [1] [2] baixo o lema Asturies: un pueblu, una llingua
[editar] Véxase tamén
- David Rivas
- Política de Asturias
- Nacionalismo asturiano
[editar] Enlaces externos
Andecha Astur | Conceju Nacionaliegu Cántabru | Chunta Aragonesista | Esquerra Republicana de Catalunya | Eusko Alkartasuna | Iniciativa Ciudadana | Partido Socialista de Andalucía |