Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Esquerra Republicana de Catalunya - Wikipedia

Esquerra Republicana de Catalunya

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esquerra Republicana de Catalunya
Partido político Esquerra Republicana de Catalunya
Ano fundación 1931
Ideoloxía Esquerda, republicana, independentista
Ideoloxía respecto a Europa Europeísta
Membro de Alianza Libre Europea
Ámbito Países Cataláns
Sede central Barcelona
Líder Josep Lluís Carod-Rovira
Afiliados 9.000
Web do partido www.esquerra.cat

Esquerra Republicana de Catalunya (galego: Esquerda Republicana de Cataluña), ou ERC é un partido político catalán, fundado en 1931, de ideoloxía progresista, republicana e independentista.

ERC, partido de relevantes políticos catalanes como Francesc Macià, Lluís Companys ou Josep Tarradellas, desenvolveu un importante papel na política catalana e española durante a Segunda República, durante a loita antifranquista e a Transición á democracia.

ERC conta actualmente con aproximadamente 9.000 afiliados. O presidente do partido é Josep-Lluís Carod-Rovira e o secretario xeral Joan Puigcercós.

O partido conta con 23 escanos no Parlamento de Cataluña, oito no Parlamento español, e un (ocupado por Bernat Joan) no Parlamento Europeo, no que ERC participa integrada na coalición Europa dos Pobos.

Ademais da súa implantación en Cataluña, ERC posee unha representación nas Illas Baleares e no Rosellón francés, así como na Comunidade Valenciana, onde emprega a denominación Esquerra Republicana del País Valencià (ERPV).

Índice

[editar] Ideoloxía

Nos seus ideais, ERC declárase de esquerdas, favorable á república e á independencia de Cataluña, entendida esta como nación catalana ou Países Cataláns, un conxunto que englobaría tódolos territorios de fala catalana (básicamente as actuais comunidades autónomas de Cataluña, Comunidade Valenciana e Illas Baleares, a franxa oriental de Aragón (A chamada Franxa de Ponente), Andorra e a denominada Cataluña do Norte (coñecida tamén como a rexión do Rosellón).

ERC propugna a independencia de Cataluña pola vía pacífica. Rexeita a violencia (ó menos en teoría), respecta a Constitución Española de 1978, e participa activamente nas institucións políticas co obxectivo de conseguir pola vía democrática o dereito á autodeterminación que permita a independencia de Cataluña.

[editar] Historia

[editar] 1931-1936: a II República

O partido foi fundado por Jaume Aiguader na Conferència d'Esquerres Catalanes celebrada entre o 17 e o 20 de marzo de 1931 no barrio de Sants (Barcelona), sendo o resultado da unión do Partit Republicà Català de Lluis Companys, Estat Català de Francesc Macià e o grupo L'Opinió (que debe o seu nome ó do semanario homónimo) de Joan Lluhí. Con Macià á testa, gañou as eleccións municipais dese ano, proclamando aquel a República Catalana dentro da federación ibérica, tentando así recuperar as institucións de autogoberno que foron derogadas polos Decretos de Nueva Planta, promulgados por Filipe V en 1714, os cales relegaran, ademáis, a súa lingua e a súa cultura. O goberno español provisional do comité revolucionario tivo que enfrontarse á crise provocada con esta iniciativa e propuxo acelerar o proceso de autonomía que resultou no Estatuto de Autonomía de 1932. En 1934, Lluís Companys aproveitando a tensión obreira que deriva cara a Revolución de Asturias de 1934, novamente declarou o Estat Català dentro da República Federal Española desafiando ó goberno, quen declarou o estado de guerra e ordenou a intervención do Exército. Companys foi detido e encarcelado, e o goberno autónomo suspendido.

En 1936 Esquerra formou parte do Frente Popular que ganou as eleccións xerais de febreiro e Companys asumiu novamente o goberno da Generalitat.

[editar] 1936-1939: a Guerra Civil

O 18 de xullo de 1936 produciuse o alzamento militar que desembocou na Guerra Civil Española, durante a que Esquerra seguiu participando na administración da República e nos poderes democráticamente electos, colaborando tamén co chamado Exército Popular.


[editar] 1939-1975: Clandestinidade durante o Franquismo

En 1939 conclúe a guerra civil co triunfo do bando sublevado, que suspende os partidos políticos e anula tódalas liberdades. En Cataluña suspéndense as institucións autonómicas e se prohibe o uso da lingua catalana. A represión é especialmente dura contra Esquerra Repúblicana de Catalunya e os seus militantes, pola súa ideoloxía e polas decisións tomadas polos seus líderes tanto durante a Segunda República como durante a Guerra Civil. «Dos 70.000 militantes (que tiña ERC antes da guerra), a metade se exilian, e unha cuarta parte son aprisionados, executados ou mortos na Guerra Civil» indica a web de ERC na súa páxina de presentación.

ERC pasa á clandestinidade. Algúns dirixentes marchan ó exilio a Francia, onde tamén se instala o goberno da Generalitat no exilio, presidido polo dirixente de ERC Lluís Companys, e outros tentan organizar a resistencia permanecendo en Cataluña, en torno ó liderazgo de Manuel Juliachs e Jaume Serra.

En 1940 os nazis toman Francia, e a Gestapo detén a Lluís Companys a petición do goberno español. Companys é entregado ás autoridades españolas e o 15 de outubro de 1940 é fusilado no Castelo de Montjuic de Barcelona.

En 1943, centos de militantes de ERC exiliados en Francia pactan con representantes do xeneral Charles de Gaulle a súa incorporación á Resistencia francesa para combatir o fascismo e loitar polo restablecemento da democracia e a República en Francia.

En 1945, rematada a Segunda Guerra Mundial, e prevendo unha posible caída do réxime franquista ante unha hipotética entrada en España das forzas aliadas, a dirección de ERC no exilio envía a Cataluña aos líderes Pere Puig e Joan Rodríguez-Papasseit.

Tamén en 1945, unha vez liberada Francia, se reúne un congreso de militantes de ERC en Tolosa de Lengadoc baixo a presidencia de Josep Irla, e elíxese a Josep Tarradellas novo secretario xeral do partido.

En 1952 tamén regresa do exilio Heribert Barrera, fillo do conselleiro da Generalitat republicana Martí Barrera, que asume de facto a dirección de ERC.

Nos anos 1950 ERC intégrase ó Consello da Democracia Catalana e ó Consello de Forzas Democráticas.

En 1954 dimite Josep Irla como presidente do partido, e Josep Tarradellas é elexido como sucesor.

En 1958 falece Josep Irla en Francia.

En 1959 Josep Tarradellas é elexido novo presidente da Generalitat de Cataluña no exilio.

O 11 de setembro de 1964, coincidindo coa Diada Nacional de Cataluña, ERC lidera xunto a outros grupos clandestinos a organización da primeira manifestación antifranquista que dende o fin da guerra ten lugar en Barcelona.

ERC convértese nun dos partidos que, desde a clandestinidade, mostra maior actividade na loita antifranquista en Cataluña. Durante os anos 1960 intégrase sucesivamente no Consello Catalán do Movemento Europeo, o Secretariado da Democracia Social Catalana, e á Coordinadora de Forzas Políticas.


[editar] 1975-1980: Transición á Democracia

A morte de Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 e o acceso á xefatura do estado en España do rei Xoán Carlos I deu paso á Transición Española cara a democracia, na que se recuperarían as liberdades, se irían legalizando os partidos políticos e recuperando as institucións democráticas.

ERC foi o derradeiro partido catalán en seren legalizado, pese a ser o partido de Josep Tarradellas, unha das figuras da Transición en Cataluña.

En xullo de 1976 celébrase o oitavo Congreso Nacional de ERC, no que Heribert Barrera é elexido Secretario Xeral.

O 15 de xuño de 1977 celébranse en España as primeiras Eleccións Constituíntes tras 39 anos de ditadura. ERC todavía non está legalizada por ser partido republicano, e non pode presentarse ás eleccións. Os dirixentes se coaligan con outro partido, e se presentan coas siglas de "Esquerra de Catalunya-Front Electoral Democràtic", cuxa lista lidera o secretario xeral de ERC Heribert Barrera. O partido é o sexto en número de votos en Cataluña, ó obter 143.945, que representan o 4,72 por cento dos votos, e obtén un escano, que ocupará Heribert Barrera nas Cortes Constituíntes.

O 29 de setembro de 1977, o presidente do goberno Adolfo Suárez, mediante un decreto lei, restablece a Generalitat de Cataluña, que se converte na primeira institución da reforma da legalidade franquista. O presidente da Generalitat no exilio, Josep Tarradellas, volveu do exilio e se instalou en Barcelona o 23 de outubro de 1977, asumindo a presidencia da Generalitat restablecida.

Os parlamentarios cataláns elexidos nas eleccións do 15 de xuño inician entón o proxecto de elaboración do Estatuto de Autonomía de Cataluña. No proceso participa o secretario xeral de ERC Heribert Barrera.

Na discusión sobre a nova Constitución española, ERC se define como o único partido catalán que reivindica a República e o dereito de autodeterminación dos pobos. Ó non contemplarse estas opcións na Constitución Española de 1978, ERC pide o "Non" no referendo constitucional que se celebra en España o 6 de decembro de 1978.

O 1 de marzo de 1979 se celebran en España as eleccións xerais nas que ERC obtén 123.452 votos que lle dan un escano no Congreso, que volve a ocupar Heribert Barrera.

En 1979 celebrouse o referendo sobor o Estatuto de Autonomía de Cataluña, no que Esquerra Republicana de Catalunya pide o "Sí".

[editar] 1980-2003: na Cataluña autonómica e converxente

[editar] 1980-1984: a época de Barrera

O 20 de marzo de 1980 celébranse as Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1980, as primeiras eleccións democráticas catalanas trala guerra civil. ERC obtivo 240.871 votos que lle valiron catorce escanos no Parlamento de Cataluña. Liderada polo presidente do partido Heribert Barrera, ERC saíu das eleccións como a quinta forza política de Cataluña, pero os votos dos seus catorce parlamentarios foron claves para que o candidato de Convergència i Unió, Jordi Pujol, fose elexido Presidente da Generalitat de Cataluña. Pese ó apoio de ERC á investidura de Pujol, este formou goberno en solitario, prescindindo da posibilidade de incorporar a ningún membro de ERC ó goberno.

Nas Eleccións xerais españolas de 1982, celebradas o 28 de outubro de 1982, ERC obtén 138.118 votos, que lle sirven para revalidar o escano do Congreso.

As Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1984 supuxeron un duro revés para ERC. Pese a que se mantivo como quinta forza do Parlamento de Cataluña, perdeu moitos votos (obtivo só 126.943) que foron a parar a CiU, erixida xa como o partido estandarte do nacionalismo catalán. ERC, liderada por Heribert Barrera, pasou de 14 a 5 escanos, perdendo toda forza parlamentaria, especialmente ante a maioría absoluta obtida por CiU.

[editar] 1984-1989: continúa a crise con Joan Hortalà

O partido entrou entón nunha grave crise, e se elexiu a Joan Hortalà como novo líder do partido.

As Eleccións xerais españolas de 1986, celebradas o 22 de xuño de 1986, supuxeron un novo revés para ERC, xa que perdeu o único escano que tiña e se quedou fora do Congreso dos Deputados, ó obter só 84.628 votos, o 2,67% dos votos emitidos en Cataluña.

A crise prolongouse e confirmou nas Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1988, nos que, con Hortalà como candidato, obtivo 111.647 votos, máis que nas Xerais de dous anos antes, pero menos que nas autonómicas de 1984. Aínda así, a aritmética electoral fíxolle gañar un escano (6 en total), que lle permitiron seguir como quinta forza política, co apoio de pouco máis do 4 por cento do electorado catalán.

Nas Eleccións xerais españolas de 1989, todavía con Joan Hortalà á fronte, ERC prácticamente repetiu os resultados de 1986, ó obter 84.756, o 2,68% dos votos emitidos en Cataluña, que tampouco lle serviron para recuperar o escano perdido en 1984.

[editar] 1989-1996: Àngel Colom reorienta el partido

Foi entón cando ERC iniciou unha rexeneración interna, dando o relevo a unha nova xeración de xóvenes liderados por Àngel Colom i Colom, que foi elexido novo Secretario Xeral do partido no 16º Congreso Nacional de ERC, celebrado en Lleida en novembro de 1989, sustituíndo a Joan Hortalà, e superando a Josep Lluís Carod Rovira, que tamén presentara candidatura. Nese congreso apróbase a independencia dos Países Cataláns como obxectivo político do partido.

Àngel Colom iniciou un proceso para aglutinar nas filas de Esquerra a moitos xóvenes independentistas disgregados en partidos menores e, en moitos casos, máis radicalizados. Foi entón cando, nos primeiros anos de 1990, ERC contribuíu á disolución do grupo terrorista Terra Lliure mediando e ofrecendo a integración nas súas filas ós membros que abandoasen a violencia.

Todos estes cambios deron os seus froitos nas Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1992, que marcaron un cambio en positivo para os intereses de ERC. Co liderazgo de Àngel Colom i Colom e a xornalista Pilar Rahola, e grazas ó apoio de milleiros de xóvenes que por vez primeira votaban nunhas eleccións, ERC obtivo 210.366 votos, un 8 por cento, acadando 11 escanos (case o doble que nas eleccións autonómicas anteriores), pasando a convertirse na terceira forza política catalana, con catro escanos máis que Iniciativa per Catalunya e o Partido Popular.

Nas Eleccións xerais españolas de 1993 celebradas o 6 de xuño de 1993, ERC obtivo 189.632 votos e obtivo, por primeira vez desde o restablecemento da democracia, un escano no Congreso dos Deputados, que ocuparía Pilar Rahola.

En decembro de 1993 celébrase o 19º Congreso Nacional de ERC, no que se aproba a vixente Declaración Ideolóxica do partido.

Nas Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1995, ERC mellorou todavía máis os seus resultados. Conseguiu 305.867 votos e pasou de 11 a 13 escanos, aínda que perdeu a condición de terceira forza política en beneficio do Partido Popular, que obtivo 17 escanos.

En 1996 produciuse unha grave crise interna, a consecuencia da cal abandoaron Esquerra os dous líderes do partido Àngel Colom e Pilar Rahola, que fundaron o "Partit per la Independència" co obxectivo de crear outro partido que pugnase con ERC polo voto independentista.

[editar] 1996: nova era con Carod-Rovira

En novembro de 1996 celébrase o 21º Congreso Nacional de ERC. Os militantes escolleron unha nova dirección para o partido, con Josep Lluís Carod-Rovira como novo presidente e Joan Puigcercós como novo secretario xeral. A nova dirección anuncia un cambio de rumbo: non renuncia á independencia de Cataluña, pero deixa de empregar esa idea como único referente. A nova dirección quere situar ó partido como un referente na esquerda catalana, posicionándoo respecto a tódolos temas que ocupan a axenda política e a vida social dos cataláns.

Nas Eleccións xerais españolas de 1996 celebradas o 12 de marzo do ano 1996, ERC obtivo 167.641 votos, e mantivo o escano que tiña no Congreso dos Deputados.

Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1999, liderada por Josep Lluís Carod Rovira, ERC experimentou un lixeiro retroceso respecto á última cita autonómica: obtivo 271.173 votos e perdeu un escano, conseguindo 12 dos 135 da cámara. A boa notícia para ERC foi o fracaso do Partit per la Independència de Colom e Rahola, que non obtivo ningún escano e se autodisolveu, co que ERC volveu a ser o partido hexemónico da opción independentista catalana.

Nas Eleccións xerais españolas de 2000 celebradas o 12 de marzo del año 2000, ERC obtivo 194.715 votos, e mantivo o escano que tiña no Congreso dos Deputados Joan Puigcercós.

Nas eleccións municipais da primavera de 2003 ERC da un gran salto electoral, ó obter 414.000 votos en toda Cataluña (o 12,77% do total), sumando 1.383 concelleiros rexidores e 116 alcaldías.

[editar] 2003-2006: de novo no Goberno de Cataluña

O 16 de novembro de 2003, nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2003, ERC logrou 23 representantes, convertindose no "partido bisagra" que definiría a composición do goberno, posto que para obter a maioría os outros partidos estaban obrigados a pactar con Esquerra. Tras varias semanas en que parecía que pecharía un acordo con CiU (partido conservador e nacionalista), finalmente se decantou por un "pacto progresista" (o chamado Pacto del Tinell) co PSC e ICV-EUiA.

ERC entrou a formar parte do goberno tripartito da Generalitat de Cataluña, presidido polo socialista Pasqual Maragall, asumindo seis conselleirías do goberno, entre as que destacaba a do "Conseller en Cap", que ocuparía Josep Lluís Carod-Rovira. As outras cinco conselleirías asumidas por ERC foron Educación (Josep Bargalló), Benestar e Familia (Anna Simó), Comercio, Turismo e Consumo (Pere Esteve), Gobernación e Administracións Públicas (Joan Carretero) e Universidades, Investigación e Sociedade da Información (Carles Solà). Ademáis, outro dos líderes de ERC, Ernest Benach, foi elexido Presidente do Parlamento de Cataluña.

Unha das tarefas máis relevantes do novo goberno foi o inicio dos trámites para elaborar un novo Estatuto de autonomía de Cataluña.

A primeira gran crise do goberno da Generalitat foi provocada pola actuación do líder de Esquerra, Josep Lluís Carod Rovira, que en xaneiro de 2004 mantivo unha reunión secreta con dous líderes de ETA en Perpignan, sen coñecemento de Maragall, e nun día no que precisamente, a causa dun viaxe oficial de Maragall ó estranxeiro, Carod-Rovira estaba desempeñando o papel de Presidente da Generalitat en funcións. A publicación da notícia no xornal ABC desatou unha grande controversia mediática e social, e acarreou unha grave crise política que se saldou coa destitución de Carod-Rovira como Conselleiro da Generalitat. Carod foi sustituido por outro membro de ERC, Josep Bargalló, e ERC continuou a formar parte do goberno. Bargalló, ata entón Conselleiro de Educación, foi sustituido nesta conselleiría por Marta Cid, tamén de ERC.

Aínda así, e ante o que considerou inxustos ataques ó seu líder, ERC decidiu que Carod-Rovira fora a testa de lista do partido na candidatura ás eleccións xerais españolas de que debían celebrarse o 14 de marzo de 2004. Deste xeito, ERC quiso convertir as eleccións nunha especie de plebiscito para que os votantes decidiran se respaldaban ou non a actuación de Carod. O eslógan da campaña de ERC foi "Parlant la gent s'entèn" (en galego, "Falando enténdese a xente").

O resultado de ERC nas eleccións xerais españolas de 2004 foi espectacular. Durante toda a historia democrática recente, Esquerra Republicana nunca acadara máis dun escano no Congreso, pero en marzo de 2004 logrou oito, pasando de 194.715 a 652.196 votos, o seu récord histórico nunhas eleccións dende o retorno da democracia en 1977.

Tralas eleccións do 14 de marzo de 2004, Carod renunciou á súa acta de deputado ó Congreso e foi sustituido por Joan Puigcercós, e ERC deu apoio á investidura de José Luis Rodríguez Zapatero como novo Presidente do Goberno español, e deu apoio ó goberno socialista tanto nas votacións presupuestarias como noutros asuntos.

O apoio de ERC ó goberno socialista en Madrid, xunto á súa participación no goberno da Generalitat de Cataluña, foi motivo de duras críticas dende os sectores españolistas. Diversos políticos do Partido Popular, como Ángel Acebes ou Eduardo Zaplana, acusaron a Zapatero de estar sometido ó "chantaxe independentista" de ERC. Diversos medios de comunicación como El Mundo ou a cadea de radio COPE, foron especialmente duros cos dirixentes de ERC, o que lles valeu diversas querellas, a causa de diversas polémicas, como as conversacións de Carod Rovira coa banda terrorista ETA, o a burla sobre a Paixón de Xesucristo ocurrida nun viaxe oficial dos líderes do goberno catalán a Israel. A pesar de todo, o goberno socialista seguiu contando co apoio de ERC en Madrid, e o partido seguiu formando parte do goberno tripartito da Generalitat de Cataluña.

O 10 de xuño de 2005 faleceu Pere Esteve, militante de ERC que ocupaba o cargo de Conselleiro de Comercio, Turismo e Consumo da Generalitat de Cataluña. ERC o sustituiu na conselleiría por Jaume Huguet.

O 30 de setembro de 2005, o Parlamento de Cataluña aprobou o texto do novo proxecto de Estatuto de Cataluña, cos votos a favor de ERC.

Trala súa aprobación no Parlamento catalán, o proxecto do novo estatuto sería remitido ás Cortes españolas para a súa aprobación. As modificacións que sufriría o texto serían motivo de constantes polémicas, e acabarían desencadeando a crise entre ERC e os seus socios de goberno na Generalitat. ERC considerou que o proxecto final de Estatuto aprobado no Congreso dos Deputados estaba demasiado recortado respecto ó aprobado polo Parlamento de Cataluña o 30 de setembro de 2005. Por iso, a postura de ERC respecto ó proxecto final de estatuto foi cambiando a medida que se acercou a data do referendo.

Dirixentes de ERC na manifestación "Som una nació", celebrada en Barcelona o 18 de febreiro de 2006.
Agrandado
Dirixentes de ERC na manifestación "Som una nació", celebrada en Barcelona o 18 de febreiro de 2006.

O 18 de febreiro de 2006, ERC incentivou a participación cidadá a unha manifestación convocada en Barcelona por unha plataforma de entidades que, baixo o lema "Som una nació, tenim dret a decidir" (en galego "Somos unha nación, temos dereito a decidir"), reivindicaba que a versión final do Estatuto recoñecera a Cataluña como unha nación, tal e como se recollía no texto do Estatuto aprobado polo Parlamento de Cataluña o 30 de setembro de 2005. A manifestación reuniu a entre 500.000 e 1.000.000 de persoas segundo diversas fontes, e os dirixentes de ERC, que asistiron á manifestación, comprometéronse a non apoiar un Estatuto que non recoñecese de forma explícita que Cataluña é unha nación.

Ademáis, a dirección de ERC entendía que non podía votar a favor do proxecto final de Estatuto porque o capítulo relativo á financiación non era suficentemente positivo para Cataluña, e que non se cedía á Generalitat a xestión de infraestruturas como o aeroporto d'El Prat.

O 20 de abril de 2006, o presidente da Generalitat Pasqual Maragall anunciou unha crise de goberno que supuso o cambio de seis conselleiros no goberno da Generalitat. Dos seis conselleiros sustituidos, dous eran de ERC. De acordo ó pacto establecido entre os tres partidos que gobernan en coalición, Maragall indicou os conselleiros que quería cesar, e ERC lle indicou os políticos do seu partido que lles sustituirían. Así, Xavier Vendrell sustituiu a Joan Carretero como conselleiro de Gobernación e Administracións Públicas, e Manel Balcells sustituiu a Carles Solà como conselleiro de Universidades, Investigación e Sociedade da Información.

Mentres tanto, o debate sobre a postura de ERC respecto ó novo Estatut de Cataluña continuou a ocupar a actividade do partido. Tras un amplo debate entre os seus dirixentes, a dirección de ERC propuso ós seus militantes que o partido postulara o voto nulo na campaña polo referendo: non querían votar a favor dun Estatuto que consideraban "recortado", pero tampouco querían votar en contra dun texto que contribuiran a elaborar, e co que estaban de acordo "nun 85 por cento" segundo declaracións do propio Carod Rovira. Pero os militantes do partido, reunidos en asamblea extraordinaria, desoíron a proposta da dirección e forzaron a que o partido se posicionara polo "Non".

O 11 de maio de 2006, un día despois da aprobación no Senado (coa abstención de ERC) do proxecto de novo Estatuto, tódolos conselleiros de ERC da Generalitat de Cataluña foron cesados polo Presidente, Pasqual Maragall, tralo anuncio de ERC de votar na súa contra no referendo a celebrar o 18 de xuño de 2006. ERC, como forma de protesta, retirou a tódolos altos cargos do seu partido que ocupaban postos de responsabilidade na administración catalana, que dimitiron voluntariamente. Os seis conselleiros cesados de ERC foron sustituidos por políticos do PSC. Esta ruptura do Pacto do Tinell provocou unha crise política que obligou ó presidente da Generalitat, Pasqual Maragall, a anunciar que unha vez celebrado o referendo estatutario, disolvería o Parlamento e convocaría de forma adiantada eleccións ó Parlamento de Cataluña para antes de finais de 2006.

Finalmente, ERC pediu o "Non" na campaña electoral do Referéndum sobre o novo Estatut. O eslógan da súa campaña foi «Ara toca no: Catalunya mereix més» (en galego, «Agora touca non: Cataluña merece máis»).

O 18 de xuño de 2006 celebrouse o Referendo, no que o texto foi aprobado co 73,90% dos votos a favor. O "Non" solicitado por ERC (e polo PP) só obtivo un 20,76% dos votos. A mesma noite, Josep Lluís Carod-Rovira recoñeceu a derrota da proposta de Esquerra, e manifestou que o partido debería facer autocrítica para aprender dos erros cometidos.

[editar] Posición de ERC ante os referendos

  • 1976: Referendo pola Reforma política en España. Non participa na campaña electoral ó non estar todavía legalizado o partido.
  • 1978: Referendo sobre a Constitución española. Pide o "Non".
  • 1979: Referendo sobre o Estatuto de autonomia de Cataluña. Pide o "Sí".
  • 1986: Referendo sobre a incorporación de España á OTAN. Pide o "Non".
  • 2005: Referendo sobre o Tratado da Constitución Europea. Pide o "Non".
  • 2006: Referendo sobre a reforma do Estatuto de autonomia de Catalunya. Pide o "Non".

[editar] Resultados electorais

[editar] Eleccións ó Parlamento de Cataluña

Ano Eleccións Candidato Votos % de votos Escanos Posición
1980 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1980 Heribert Barrera 240.871 8.87% 14 5
1984 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1984 Heribert Barrera 126.943 4,41% 5 5
1988 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1988 Joan Hortalà 111.647 4,14% 6 5
1992 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1992 Àngel Colom 210.366 7.96% 11 3
1995 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1995 Àngel Colom 305.867 9.49% 13 4
1999 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1999 Josep Lluís Carod Rovira 271.173 8.67% 12 4
2003 Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2003 Josep Lluís Carod Rovira 544.324 16.5% 23 3














[editar] Eleccións xerais españolas

Ano Eleccións Candidato Votos % de votos en España % de votos en Cataluña Escanos Posición en España Posición en Cataluña
1977 Eleccións xerais españolas 1977 Heribert Barrera* 143.954 0,79% 4,72% 1
1979 Eleccións xerais españolas 1979 Heribert Barrera* 123.452 0,69% 4,18% 1 10º
1982 Eleccións xerais españolas 1982 Francesc Vicens 138.118 0,66% 4,02% 1
1986 Eleccións xerais españolas 1986 Francesc Vicens 84.628 0,42% 2,67% 0 16º
1989 Eleccións xerais españolas 1989 Joan Hortalà 84.756 0,41% 2,68% 0 18º
1993 Eleccións xerais españolas 1993 Pilar Rahola 189.632 0,8% 5,10% 1
1996 Eleccións xerais españolas 1996 Pilar Rahola 167.641 0.67% 4,18% 1
2000 Eleccións xerais españolas 2000 Joan Puigcercós 194.715 0,84% 5,64% 1
2004 Eleccións xerais españolas 2004 Josep Lluís Carod-Rovira 652.196 2,52% 15,89% 8


























  • Nas eleccións de 1977, ERC presentouse baixo as siglas Esquerra de Catalunya (Front Electoral Democràtic). Nas eleccións de 1979, ERC presentouse en coalición co Front Nacional de Catalunya e o Partit Socialdemòcrata de Catalunya.

[editar] Véxase tamén

  • Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya (JERC)
  • Esquerra Republicana del País Valencià (ERPV)

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com