Alessandro Algardi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alessandro Algardi ( Boloña 1598 - Roma 1654), escultor italiano.
Estudou na escola de Agostino Carracci, onde demostrou talento para a escultura, no ano 1608 entra ao servizo do duque de Mantua.
Despois dun curto período en Venecia, transládase a Roma en 1625 baixo o patronato do cardeal Lodovisi, para o que realiza restauracións de estatuas antigas. A morte do duque déixao nunha situación precaria.
Coa ascensión ao papado de Bonifacio X, da casa boloñesa dos Panfili, en 1644 cambia a fortuna de Algardi ao ser empregado por un sobriño do Papa para deseñar a Villa Doria Panfili e realiza tamén o Momumento ao Papa León XI ou o alto-relevo A fuga de Atila, onde a influencia de Bernini é evidente.
En 1650 coñeceu a Diego Velázquez e trasladouse a España onde fixo as figuras para a Fonte de Neptuno en Aranjuez e a Tumba do Conde e Condesa de Monterrey en Salamanca.