Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Carlomagno - Wikipedia

Carlomagno

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Carlomagno foi un dos maiores líderes militares da Idade Media. Conquistou a maior parte da Europa central e Occidental. Como rei, Carlomagno fixo renacer a vida política e cultural que desaparecera coa caída do Imperio Romano de Occidente
Carlomagno foi un dos maiores líderes militares da Idade Media. Conquistou a maior parte da Europa central e Occidental. Como rei, Carlomagno fixo renacer a vida política e cultural que desaparecera coa caída do Imperio Romano de Occidente
Dinastía Carolinxia
Pipínidas
  • Pipino o Vello (+ 640)
  • Grimoaldo I (+ 662)
  • Khildeberto III o Adoptado (+ 662)
Arnúlfidas
  • Arnulfo de Metz (+ 640)
  • Clodulfo de Metz (+ 696)
  • Ansexisel (+ antes de 679)
  • Pipino de Herstal (+ 714)
  • Grimoaldo II (+ 714)
  • Drogo de Champagne (+ 708)
  • Teodoaldo (+ 714)
Carolinxios
  • Carlos Martel (+ 741)
  • Carlomán (+ 754)
  • Pipino o Breve (+ 768)
  • Carlomán I (+ 771)
  • Carlomagno (+ 814)
  • Luís I, o Piadoso (+ 840)
Despois do Tratado de Verdún (843)
  • Lotário I
    (Francia Central)
  • Carlos o Calvo
    (Francia Occidental)
  • Luís o Xermánico
    (Francia Oriental)

Carlomagno (c. 2 de abril, 747 - 28 de xaneiro, 814; ou Carlos, o Grande, en alemán Karl der Große, en francés Charlemagne, en Latín Carolus Magnus, que deu orixe ao adxectivo 'Carolinxio'), foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e aínda o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano de Occidente.

[editar] Data de nacemento

Até mediados do século, considerábase que Carlomagno nacera o 2 de abril de 742, mais varios razóns levaron a reconsiderar a veracidade da data tradicional. En primeiro lugar, o ano de 742 foi calculado a partir da idade que lle era atribuída na altura da súa morte, e non a partir directamente de documentos históricos. En segundo lugar, 742 precede o casamento dos seus pais (en 744) – e non hai ningunha referencia a que Carlomagno fose fillo ilexítimo, o que, ademais, imposibilitaría que este fose designado o seu herdeiro. Nos Annales Petarienses indícase que o seu nacemento tería ocorrido o 2 de abril de 747 – día de Pascua, nese ano. Como o nacemento dun emperador, na Pascua, provocaría, sen dúbida, comentarios dos cronistas da época – e como eses comentarios non existen en lado ningún, sospéitase que a atribución sexa unha ficción piadosa, coa única intención de honrar o emperador. Outros historiadores, ponderando as fontes históricas, suxiren que o seu nacemento teña ocorrido un ano máis tarde, en 748. Actualmente non é posíbel, por tanto, indicar con precisión a data de nacemento de Carlomagno. Os mellores historiadores inclúen, certamente, o 2 de abril de 747, despois, o 15 de abril de 747 ou, talvez, o 2 de abril de 748.

 Estatua de Carlomagno (Museo Histórico de Frankfurt)
Agrandado
Estatua de Carlomagno (Museo Histórico de Frankfurt)

[editar] Vida

Carlomagno
Agrandado
Carlomagno

Carlomagno foi o fillo máis vello de Pepino o Breve, que foi o primeiro rei dos francos e de Berta de Laon. Foi irmán de Lady Berta, mai de Rolando, marqués da Bretaña.

Pepino o Breve apoderouse do monopolio da cuñaxe da moeda, decidindo sobre a actividade das casas de cuñaxe, o peso das moedas, o seu valor e os caracteres representados.

A cuñaxe de moeda na Europa foi, pois, reiniciada con Pipino, o Breve, que recuperou o sistema utilizado polos antigos gregos e romanos e mantido no Imperio Romano de Occidente (1 libra = 20 solidi = 240 denarii).

Coa morte de Pepino, o reino foi dividido entre Carlomagno e o seu irmán Carlomán (que gobernou a Austrasia). Carlomán morreu o 5 de decembro de 771, deixando a Carlomagno como líder dun reino Franco reunificado. Carlomagno estivo envolvido constantemente en batallas durante o seu reinado. Conquistou a Saxonia no século VIII, un obxectivo que foi o soño inalcanzábel de Augusto. Foron necesarios máis de dezoito batallas para que Carlomagno conseguise esta vitoria definitiva. Procedeu á conversión forzada ao catolicismo dos pobos conquistados, masacrando os que se recusaban a converterse. Un dos seus obxectivos era tamén conquistar a Península Ibérica, mais nunca o alcanzou.

En 800, durante a misa de Nadal en Roma, o Papa León III coroou a Carlos Magno como emperador, título en desuso no occidente desde a abdicación de Rómulo Augústulo en 476 (aproveitando o feito de entón reinar no Oriente unha muller, a emperatriz Irene, o que era considerado un vacío de poder significativo). Aínda que o título o axudase a afirmar a súa independencia en relación a Constantinopla, Carlomagno apenas o usou bastante máis tarde, xa que receaba ficar dependente, por outro lado, do poder papal.

Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no soldo de ouro -procedemento seguido tamén polo rei Offa de Mercia-. Instituiu un novo padrón monetario a partir de unidades de medida como a libra e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o denier se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a libra inglesa (pound) valía 20 xelins (analogamente aos soldos de Carlomagno) ou 240 pence (de forma semellante aos deniers instituídos por este emperador).

Carlomagno aplicou este sistema a unha grande parte do continente europeo, mentres que o padrón de Offa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio inglés.

Carlomagno foi coroado polo Papa Adriano I
Agrandado
Carlomagno foi coroado polo Papa Adriano I

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com